O meu primeiro Camiño

A "panda" na Ponte Maceira.

A “panda” na Ponte Maceira.

Os galegos, ás veces, temos pouco interese polo Camiño. É como se viñesen de todo o mundo a vernos a nós e o noso cometido non sexa senón ver pasa-la xente, os peregrinos. Pero ante tanta pregunta; xa fixeches o Camiño? non quedou máis remedio que intentalo. Digo intentalo xa que eu mesmo non estaba seguro dos meus folgos. Estou delgado e teño unha vida activa pero de aí a percorrer ata 26 quilómetros ó día vai un auténtico reto. Finalmente e despois de catro duras xornadas o reto foi acadado. Teño que dicilo aínda que poida decepcionar a alguén, non sentín a espiritualidade por ningures. Isto da espiritualidade e cousa de cada quen. Pero ver Galicia de vagar, paseniño, hai que vivilo!!!