Santiago de Chile, a capital seria

O meu traballo lévame ó país hispano máis próspero do Cono Sur: Chile. Sobrevoamos a Cordillera que o separa da Arxentina, pero desta vez non sentimos as habituais turbulencias que se xeran enriba destas montañas. Unha vez en terra comezo a percibir as grandes diferenzas co Uruguai. IMG_9228

Santiago de Chile estase a converter nunha gran capital, non hai dúbida, pero aínda ten que solucionar algún dos seus problemas: bolsas de pobreza, elevada contaminación do aire que se respira e graves problemas no transporte colectivo. O venres 14 Santiago amence totalmente paralizada por colapso total no seu sistema de metro; os buses e taxis non conseguen dar resposta ós miles de cidadáns tirados nas rúas e totalmente imposibilitados de chegar ó seu traballo. Parece ser que xa é o terceiro problema grave que sofren nos últimos meses.

Falando coa xente de a pé asoma o descontento coas decisións tomadas polo Goberno de Bachelet con respecto á cidade. Pero tamén hai que recoñecer que en Santiago se respira moito mellor ca en Montevideo. A cidade bule de actividade: os novos e modernos rañaceos no seu centro económico, o Barrio El Golf, a animada vida nocturna no Barrio Bellavista e a oferta comercial do Barrio Bellas Artes. Aquí hai vida. A formigonada canle do río Mapuche marca o eixo lonxitudinal ó longo do que está a medrar Santiago. Síntome ben, non ten grandes atractivos, pero faime lembrar a España posditatorial, na que tiñamos présa por poñernos ó día. Coido que Santiago dará que falar nun futuro próximo.

IMG_9202 IMG_9203

2 comentarios en “Santiago de Chile, a capital seria

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.