Onde o Mundo se chama Celanova…en Nadal

IMG_9663[1]IMG_9670[1]

Imos ir por partes. Odio o Nadal. Xa sei que somos unha morea de xente co mesmo sentimento, pero tamén sei que pasamos totalmente desapercibidos no ambiente xeral de celebración. A miña política é fuxir, procurar refuxios de proximidade onde as festas non teñan tanto protagonismo. Pero a cea de Noiteboa e o xantar de Nadal son sagrados. Nun par de ocasións que estiven pola India e IMG_9668[1]xa non lembro onde máis, foi todo un disgusto para a miña nai. E nai non hai máis que unha, e unha nai galega…non che quero contar. Ela xa non está pero deixou en min o desexo de estar cos meus.

Ese día é a miña cita con Celanova. Para os que descoñezan a forma que temos os galegos de poboar o territorio, Celanova é o que chamamos “unha vila”. Non ten moita poboación pero ofrece servizos para a xente do núcleo urbano e ademais para todas as aldeas da súa bisbarra: bancos, bares, tendas, a feira semanal, e os diversos departamentos da Administración para o arranxo de papeis. Dende que inauguraron a autoestrada -é gratuíta!-, está a tan só vinte minutos de Ourense capital, camiño do Parque Natural Serra do Xurés e da fronteira portuguesa por Lobios. Celanova está esmorecendo, pasiño a pasiño; os gobernos municipais non teñen suficiente  coñecemento para darlle vida de novo. Andarán a outras cousas…Como en moitas outras vilas e no rural galego en xeral, a xuventude sae correndo cara ás cidades. Quedan os vellos.

Pero o que moitos non saben, mesmo na capital da provincia, é o atractivo do seu casco urbano. Si, hai un mosteiro que ocupa a metade da superficie da vila, hai unha das igrexas barrocas máis bonitas de Galicia, hai unha capela do século X, San Miguel, que mestura a arte visigoda e mozárabe, está o poboado castrexo de Castromao e a encantadora aldea medieval de Vilanova dos Infantes (ambos a un tiro de pedra do centro de Celanova). Pero sobre todo Celanova ten un agradable conxunto de rúas e prazas. Serían lexión os destinos turísticos que gustarían de ter algún dos recursos de Celanova. Tamén ten as súas desgrazas pero delas non imos falar nesta ocasión.

Por favor, non deixedes que se perdan lugares con tanto encanto pola desidia dos malos gobernos. Invítovos a descubrir Celanova e os seus arredores. E xa de vir, non deixedes de visitar o restaurante do meu sobriño, o Plan C. Coido que o único de Galicia especializado en cogomelos. Ala, xa vos deixo dúas cousas novas para coñecer.

IMG_9674[1]

6 comentarios en “Onde o Mundo se chama Celanova…en Nadal

  1. Hola, querido Xan.
    Enhorabuena por esta iniciativa de compartir tus experiencias con los/las que no podemos trasladarnos a esos lugares maravillosos, aunque he tenido la suerte de compartir contigo alguno de esos viajes, de los que tengo un gratísimo recuerdo y de donde procede nuestra amistad de más de veinte años.
    Voy navegando por el blog poco a poco, viajando en modo virtual y recreándome en las maravillosas fotos.
    Lo de Celanova queda pendiente.
    Feliz año y mi deseo es que sigas viajando para luego poder compartir tus odiseas aunque sea desde casa.

    Gústame

    • Feliz Año Rosi! Me alegro mucho de que te haya gustado, sé bien lo que disfrutas con los viajes aunque sean otros los viajeros. A partir de ahora ya tienes por donde seguirme y vivir conmigo los sitios visitados. Un abrazo.

      Gústame

  2. Si hay algo que me gusta, es viajar y cuando digo viajar me refiero a moverme de un sitio a otro, es decir, lo mismo me da irme a 30 km que a 3000 , si bien es cierto, que esto ultimo es algo que no hago desde hace demasiado tiempo y que con la lectura de tus post has conseguido, digamos, vuelva a renacer el gusanillo. Me has trasladado, literalmente, a sitios increibles, que me muero por conorce y has despertado mi ganas de volver a “conocer mundo”, de sentir los nervios y la emoción de un viaje, de conocer un sitio nuevo. Esta bien conocer la geografia cercana, por cierto, pienso acercarme a Celanova en breve, en una de ese salidas de exploracion de ida y vuelta, pero hay que ampliar horizontes.
    Nos veremos mucho por aqui, para seguir explorando “”nuevos mundos”” a través de tus post.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s