Coñecendo Galicia – Entroido de Ourense

Tempo de Entroido, festa grande en moitos recunchos de Galicia. A provincia de Ourense é sen lugar a dúbidas o destino numero un para os que queiran participar no Entroido. Ourense xa celebraba estas festas durante a ditadura e a pesar da súa prohibición. Hoxe goza de moi pero que moi boa saúde.

IMG_0138-r

 

 

 

 

 

 

 

IMG_0167-r

Comezamos por Ourense capital. Esta cidade está mantendo como ningunha das outras galegas, e non so durante o Entroido, o ambiente festivo e distendido que caracterizou a España nos anos da “movida”. Durante o Entroido está que se sae…, incrible! Coido que estamos a asistir ó que será unha das grandes citas festivas de Galicia nun futuro próximo.

Aquí os disfraces son ante todo imaxinativos. Non hai un persoeiro característico e propio como nos entroidos tradicionais da provincia. Tampouco unha preparación dos traxes tan profesional como noutras cidades de España e noutras partes do mundo. Os ourensáns improvisan pero con moita graza. E que boa actitude!. Viven e representan segundo o traxe escollido.

A noite do sábado é especial. Moreas de persoas disfrazadas, charangas espalladas polo casco antigo, orquestra na Praza Maior, dj´s na Praza do Correxidor. E repito, moita actitude. Unha especie de catarse colectiva onde a través do baile e o disfrace esquecemos a triste realidade do noso país, do grande e do pequeno.

Invítovos a buscar información sobre o programa de festas e incluílo na vosa axenda para a fin de semana de Entroido do ano que ven.

Para máis información ve-lo link Entroido ourensán II

IMG_0113-rIMG_0101-r

IMG_0115-r

2 comentarios en “Coñecendo Galicia – Entroido de Ourense

  1. Pues sí que había gracia, variedad, parece que actitud y muchísimas ganas de disfrutar. Tampoco hacen falta muchos más ingredientes para pasar un buen Entroido en Ourense. De todas formas, toma nota Xan y pásate por Verín también, agenda 2016.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.