Coñecendo Galicia – Entroido de Vilariño de Conso

Hai que madrugar (sobre todo vindo de troulear a noite anterior en Ourense), tendo en conta que na zona próxima a Vilariño de Conso non hai moita oferta de aloxamento e a pouca que hai énchese rapidamente nestas datas.

O concello de Vilariño de Conso estendese polas abas do Macizo Central no extremo oriental da provincia de Ourense. Para chegar hai dúas posibilidades: dende A Gudiña pola escénica estrada comarcal que vai polo Encoro das Portas; e dende A Gudiña, A Pobra de Trives ou A Rúa pasando por Viana do Bolo e seguir 8 km por estradas comarcais ata a capital do concello de Vilariño de Conso. Contade cunha hora e media de viaxe dende a cidade de Ourense.

IMG_0180-rIMG_0196-r

A cita é as doce do mediodía do domingo de Entroido na praza principal desta localidade. O folión baixa cara ó pavillón onde ten lugar a celebración, ese mesmo día, da Festa do Cabrito. Hai xente que queda ó longo do percorrido pero aconsello ir e vivilo na praza desta pequena vila.

A verdade, eu contaba asistir a un dos entroidos máis tradicionais e en “estado puro” tal e como rezan os folletos de Turismo de Galicia. Uha celebración que en tempos quería dicir adeus ás longas e escuras noites do inverno para dar a benvida á primavera. O que non esperaba son dúas horas de puro espectáculo visual.

IMG_0294-rO desfile está formado por fulións, esas charangas cargadas de percusión nas que participan os paisanos das diferentes parroquias do concello. Moitos deles coas mans e as membranas dos macro bombos cheas de sangue de tanto golpearse. Ó fronte dos fulións, o persoeiro central deste Entroido: o boteiro. Esta máscara encárgase de aparta-la xente para que o fulión poida tocar a gusto. Limítase a carreiras, saltiños e lixeiros movementos de cadeira. Pero a súa fasquía é impresionante. Na man unha vara longa chamada monca do que pende unha borla.

Hai que prestar moita atención ó fulión da parroquia de Mormentelos, a súa vestimenta está máis próxima ás mázcaras de Manzaneda que ós propios boteiros. A cara descuberta e cun vistoso pucho ou sombreiro danzan xirando sobre si mesmos nunha hipnotizante coreografía.

IMG_0228-r

Despedímonos deste tradicional e vistoso Entroido e pensamos en xantar. As ofertas son poucas pero boas. Temos o pavillón para os que gusten do cabrito, no propio Vilariño de Conso. Moi preto, a tan só 8 km, o pavillón e a macro carpa da Festa da Androlla en Viana do Bolo. Aquí a androlla ou botelo, embutido de ósos e carne de porco, é a raíña. Sempre acompañada de caldo e cocido, como Deus manda. Finalmente, para os que busquen xantares máis lixeiros, o restaurante Marcolongo na entrada de Vilariño de Conso. En todos os casos aconsello reservar ou compra-la entrada para evitar sorpresas de última hora.
http://www.omarcolongo.com/

“>IMG_0281-rIMG_0295[1]

5 comentarios en “Coñecendo Galicia – Entroido de Vilariño de Conso

  1. Como siempre, felicidades por tus estupendos reportajes y preciosas fotos.
    ¿Debo entender que el próximo es a Rusia?
    Bicos y sigue viajando, que nos encanta compartir tus experiencias.

    • Sí, a Rusia. Cosas de trabajo, pero como siempre aprovecharé para conocer algo nuevo en mi tiempo libre. A la vuelta os las cuento. Un beso.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.