Por que Ruanda?

Sen lugar a dúbidas, non é un primeiro destino en África Negra.

Hoxe en día Ruanda é un país encantador, de xente amable, e viaxe agradable e tranquila. A súa fermosa paisaxe de outeiros e montañas e as curtas distancias fan de Ruanda un destino perfecto para viaxeiros que busquen unha escapada breve e rompedora. Sen esquecer a súa artesanía máis que aceptable.

Pero dito isto, Ruanda ten falta dun patrimonio de certo nivel, perde en colorido etnográfico con outros países da zona, e os seus parque nacionais están moi por debaixo da vistosidade dos parques de Quenia e Tanzania.

ruanda 1


Agora si, Ruanda ofrece a posibilidade case exclusiva de ver gorilas e outros primates en liberdade no Parque Nacional dos Volcáns e no Parque Nacional da Selva de Nyungwe.

Finalmente, Ruanda é un dos poucos destinos no mundo que pode axudar a entender a sen razón do ser humano e a crueldade sen límites. Para que non volva acontecer nunca máis.

Algunhas razóns para vir a Ruanda:

xente 9xente 3xente 10xente 2xente8

xente

AVISO: Aconsello traer equipaxe pequena e lixeira. Para ser portada ás costas. Os autobuses teñen literalmente “cero espazo” para as maletas. Ademais, en gran número de cidades e no campo, o único transporte dispoñible son as moto-taxis. Na moto terá que coller o condutor, o pasaxeiro e todo o que poida portar por si mesmo. Agora que cada un decida.

IMG_1075[1]

3 comentarios en “Por que Ruanda?

  1. Encantaríame poder ver os gorilas; sempre me pareceron fascinantes. Aínda que só sexa por eso merecería a pena ir. O da maleta pequeña gustame menos. Bicos e benvido

  2. Otra prueba superada y otra “banderita” para añadir a tu mapa. Veo que ya preparas otro para dentro de un mes.
    Gracias por hacerme partícipe con anticipación de tus recorridos.

    • Hola Rosi. Sabiendo lo que disfrutas con los viajes aunque sean otros los que los realizan, cómo voy a dejar de tenerte informada? Un beso.

Deixa unha resposta a Xan Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.