Seúl ou non é tan fiero o lobo como o pintan

Seúl, sempre estaba aí pero nunca contaba á hora de programar unha escapada. Veume ó pelo o feito de ter que coñecela por razóns de traballo. Esperaba unha cidade tecnolóxica, fría e con perda absoluta da súa personalidade pasada. O que son os prexuízos!

Non podo dicir que me teña namorado. A verdade, non. Pero é unha cidade moito máis próxima do esperado.

IMG_1885[1]

Bañada polo río Han, a cidade ofrece unha bela estampa entre picos de montañas sobre os que destaca o Monte Bukhan. É a segunda maior aglomeración urbana do mundo superando os 25 millóns de habitantes pero cun centro urbano relativamente pequeno e agradable para camiñar.

IMG_1907[1]IMG_1905[1]

Rañaceos? Por suposto! Unha cidade do futuro? Si pero tan só en algúns aspectos.

Corea do Sur foi tradicionalmente receptora da axuda internacional ata os anos oitenta e mediados dos noventa, anos nos que a súa situación económica mudou totalmente. A súa incrible evolución é coñecida coma “O milagre do río Han”. Superando a España, ocupa o posto 13 nas economías mundiais cunha renda per capita de 35.000 dólares americanos.

IMG_1902[1]

Casa do Concello

IMG_1967[1]Pois ben, este pasado recente aporta un plus para aqueles viaxeiros que non gustamos da asepsia absoluta dos sitios que visitamos. Son moitas as pegadas do pasado que aínda están presentes: os barrios populares, os mercados “con sabor” e, sobre todo, as ganas de pasalo ben dunha poboación que non sempre tivo medios.

Como aspecto negativo, e dende o meu punto de vista, unha realidade máis influenciada pola cultura chinesa que pola xaponesa. Isto significa certa ausencia de sutileza no trato de proximidade, un gusto excesivo polo barroquismo nas artes decorativas e, lamentablemente, unha gastronomía que fai recordar en texturas e olores a comida do país veciño (declárome inimigo confeso e irreconciliable de todo o que cheire a chinés).

IMG_2001[1]

A cidade está recuperando o seu patrimonio construído e ten dous edificios na listaxe do Patrimonio da Humanidade da UNESCO: o Palacio Changdeokgunh e o Templo Jongmyo. O templo facía as funcións de capela real e nel tiñan lugar as representacións segundo os ritos confucionistas en memoria dos reis e raíñas da dinastía Joseon. O feito senlleiro deste ritos valeulle a categoría de Patrimonio Inmaterial tamén pola UNESCO.

Templo Jongmyo

Templo Jongmyo

Pero en Seúl hai moito máis que ver. Interesantes palacios como Changgyeonggung, Deoksugung e Gyeonbokgung, este último cun vistoso cambio de garda con vestimentas tradicionais. Os mercados de Dongdaemun e de Namdaemun, ou un barrio de compras de gusto máis occidental coma é Insa-dong. As rúas e ruelas de bonitas tendas e galerías de arte de Jongno-gu, nun lateral do recinto do palacio de Gyeongbokgung. Varias das portas da antiga muralla da cidade. O recentemente recuperado regato Cheonggyecheon, enterrado baixo unha estrada e adecentado de novo para enchelo de esculturas e atractivos para o disfrute da cidadanía.

IMG_1915[1]IMG_1913[1]

IMG_1921[1]

Cambio de garda no Palacio Gyeongbokgung

Seúl, como as outras cidades desenvolvidas de Asia, encheuse nestes últimos anos de atrevidas e novas arquitecturas: o recinto das Olimpíadas de 1988; a Torre de Seúl e as súas excelentes panorámicas (sorprende o exceso de cadeados do amor nos valados arredor da torre),e a Casa do Concello de atrevidas sinuosidades.

Torre de Seúl

Torre de Seúl

IMG_1981[1]

IMG_1976[1]

Pero hai que destacar, sobre todo, a Praza do Deseño Dongdaemum. Obra da arquitecta británica de orixe iraquí Zaha Hadid; unha ameba futurista construída sobre o antigo estadio de fútbol e dedicada ao lecer e a cultura. O edificio está rodeado por un parque que recrea os xardíns tradicionais de Corea. A visitar, sen dúbidas.

http://www.zaha-hadid.com/architecture/dongdaemun-design-park-plaza/

Dongdaemun Design Plaza

Dongdaemun Design Plaza

IMG_2004[1]IMG_1994[1]

Os que gusten da vida nocturna teñen un novo destino en Seúl . O lugar é o barrio de Itaewon-dong, o sur da Torre de Seúl. Centos de restaurantes, bares, discotecas ó gusto europeo aderezados con boa música de baile. Aberto ata o amencer. En fin de semana cóntanse por milleiros os habitantes da noite.

Exposición nos xardíns da Praza de Deseño Dongdaemun

Exposición nos xardíns da Praza de Deseño Dongdaemun

Finalmente, os morbosos teñen unha cita na fronteira con Corea do Norte, a escasos quilómetros de Seúl. Varias opcións de excursións de medio día ou día completo a comprar en calquera hotel ou axencia de viaxes. Non parecía moi interesantes a priori pero aí queda para unha próxima cita. Que seguramente a haberá!

3 comentarios en “Seúl ou non é tan fiero o lobo como o pintan

  1. Como siempre, lugares espectaculares, con sus pros y con sus contras. Pero tienes la suerte de poder valorarlo in situ.
    Hasta el próximo reportaje.

  2. que curiosos os traxes dos gardas do pazo. Parecen mongoles. O edificio do concello moi bonito e a praza do deseño espectacular (ou son as túas fotos as que a fan espectacular).

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.