Haarlem, pero non está en Nova York?

Pois si, tamén. Pero o barrio neoiorquino de maioría afro-americana escríbese con tan só un “a”: Harlem.

Seica os primeiros colonizadores do Novo Mundo non andaban mal de preguiza e á hora de poñer nomes repetían os das súas terras de orixe co adxectivo novo ou nova por diante.

O primeiro europeo en chegar en 1524 ao que hoxe coñecemos por Manhattan foi o italiano Giovanni da Verrazzano, que por estar ao servizo da coroa francesa púxolle o nome Nouvelle Angoulême. Tras a fundación da Compañía Holandesa das Indias Occidentais en 1621, impúlsase a colonización en América do Norte e chegan os holandeses por estes lares dándolle o nome de Nieuw Amsterdam á punta sur da illa de Manhattan e de Nieuw Haarlem o extremo oposto no norte, é dicir Nova Amsterdam e Nova Haarlem. Orixinais, non si? E para rematala aparecen os británicos no ano 1664 e toman posesión deste territorio bautizado por terceira vez coma New York polo feito de estar comandados polo Duque de York.

Muiño e museo De Adriaan

Muiño e museo De Adriaan


Os galegos non íamos ser menos e deixamos unha Nova Galicia no antigo Vicerreinado de México, no que hoxe é Guadalaxara, e na illa chilena de Chiloé.

Pero volvamos a Haarlem, Holanda. Unha cidade de máis de 150.000 habitantes e a tan só 18 km de Amsterdam, bañada polo río Spaarne e a un tiro de pedra do Mar do Norte. A capital da rexión produtora de tulipáns está perfectamente comunicada cun mínimo de dous trens por hora desde Amsterdam e unha viaxe de 20 minutos. Recomendo estender un día máis a estadía en Holanda e por tan só 5,10 € por traxecto coñecer este Amsterdam en pequeno.

Igrexa protestante de San Bavón

Igrexa protestante de San Bavón

Estación de tren

Estación de tren

A chegada faise a única estación de tren de estilo Art Nouveau en toda Holanda. O paseo é recomendable a pé ou en bicicleta. A cidade está deseñada para os peóns e para gozala paseniño.

Nada máis chegar tiven a impresión de estar na sociedade perfecta. Sen as presas da capital, esta pequena Amsterdam semella construída para xente ociosa máis preocupada de que roupa bonita vestir e de se fai bo ou mal tempo para gozar das numerosas terrazas e prazas. Todo a ritmo de bicicleta. Ademais a praia “oficial” da capital, e posiblemente a mellor preparada do país, está a uns cinco minutos en tren ou en coche. Non, Haarlem non é unha mala opción para vivir.

A calidade de vida e tan perceptible que, morto coa envexa, reflexiono sobre coma o Goberno do país e o da cidade procuran a boa vida dos seus cidadáns. Moitas veces me pregunto que trazo xenético ou cultural impide que os galegos construamos unha sociedade mellor e máis xusta. Xa non falemos dos nosos gobernantes…IMG_2435[1]IMG_2437[1]

No plano turístico Haarlem non está nada mal de atractivos. A antiga catedral católica e agora igrexa protestante de San Bavón preside a Grote Markt ou praza maior. É importante non confundila coa nova catedral católica tamén chamada de San Bavón situada ao SO da cidade. De calquera xeito ambas son interesantes para visitar.

Praza de Grote Markt

Praza de Grote Markt

Entre os museos destaca o Museo Teylers, o máis antigo de Holanda, legado por un rico banqueiro, Peter Teyler, no s. XVIII . A súa colección centrada nas artes e nas ciencias respira o ambiente do século no que foi construído. Outra cita importante é o Museo Frans Hals coas obras principais deste pintor clave na Idade de Ouro da Pintura Holandesa (SXVI), á altura de Rembrandt e Vermeer.

Ribeira da canle e museo Teylers

Ribeira da canle e museo Teylers

Haarlem tamén permite realizar agradables paseos polas súas canles, ben en barco, ben a pé polas súas ribeiras. Os que nunca estiveron nalgún dos famosos muíños de vento holandeses, poden pegar unha visita ao muíño De Adriaan, preto do centro da cidade. Destruído polo lume en 1932, os propios habitantes axudaron a levantalo de novo. De Adriaan permite coñecer a tecnoloxía para transformar o vento en enerxía produtiva ou simplemente visitar unha das iconas turísticas de Holanda xunto coas zocas e os tulipáns.

En Haarlem tampouco hai que facer algo en concreto, pasear e deleitarse coas numerosas tendas e restaurantes trendy que salpican a cidade é suficiente.

IMG_2336[1]IMG_2381[1]IMG_2339[1]

Achégome ata a pequena cidade de Zandvoort aan Zee, a escasos 5 minutos en tren ou autobús dende Haarlem. Zandvoort ofrece o aspecto dunha poboación nova pero permite realizar un estupendo e longo paseo ata a praia de Bloomingdale. Realmente é sempre a mesma praia, franqueada no seu tramo final por numerosos beach clubs para xantar ou tomar algo. O solpor coma en Galicia, se é que o hai, sempre sobre o mar. O autobús 81 permite achegarse dende Haarlem e tamén regresar dende calquera punto do traxecto.

De volta en Amsterdam aínda teño tempo para admirar as magníficas novas arquitecturas que se erguen por todas partes. Unha das últimas novidades é o Eye Amsterdam ou Instituto de Filmografía Holandés, arquivo con 37.000 filmes nacionais e estranxeiros así como unhas 700.000 fotografías e 20.000 libros sobre cine. Proxecto realizado polo Estudo Delugan Meissl Associated Architects rematado no ano 2011. Pode visitarse unha pequena sala interactiva no soto e a cafetería con vistas estupendas sobre os cruceiros que pasan e as barcas que atravesan dunha beira a outra do canal. Cine de pagamento en holandés e sala de exposicións tamén de pagamento. Ao seu carón están reformando un antigo rañaceos na nova AdamToren onde se abrirá o Hotel boutique Adam, cun restaurante na plataforma superior e xiro de 360º. O proxecto promete.

http://www.archdaily.com/223973/eye-new-dutch-film-institute-delugan-meissl-associated-architects/

Eye Amsterdam e Hotel Adan

Eye Amsterdam e Hotel Adam

IMG_2449[1]

Novas arquitecturas en Amsterdam

3 comentarios en “Haarlem, pero non está en Nova York?

  1. Como siempre, aprendiendo con tus comentarios y viajando en plan “virtual”.
    El próximo al sudeste asiático si que me pone los dientes de punta….

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.