Baía de Halong – O Dragón Descendente que marabilla á Natureza

Toda viaxe ten o seu cénit. E Halong é sen dúbida “o momento” en Vietnam. Sorprendeunos que dende Hanoi houbera viaxes no día para visitar esta incrible baía con máis de 2000 illas. Entre as tres horas de ida e as tres de volta para percorrer os 170 km que separan Hanoi da baía de Halong apenas queda tempo para dar unha voltiña. Tamén nos sorprendeu que no mellor dos casos a maioría de viaxeiros se conforme cunha excursión de dous días/unha noite na que se dedican menos de 24 horas (e soamente seis horas de navegación) a, para min, baía máis bonita do mundo. Como sempre, haberá quen diga que hai un exceso de explotación turística ou demasiado lixo flotando na auga. Verdade. Non son eu quen de discutilo. Pero, que importa? Esa especie de disparate creativo realizado pola natureza non pode ser cuestionado con argumentos tan superficiais. Non é Venecia unha auténtica beleza a pesar de todos os seus inconvenientes? Por suposto. Halong coma Venecia é deses lugares no mundo que debemos visitar unha vez na nosa vida.

Halong XVI

Ten dúas declaracións como Patrimonio da Humanidade pola Unesco, no ano 1994 (pola espectacular paisaxe mariña modelada pola natureza) e no ano 2000 (polo seu alto valor biolóxico). Ademais foi incorporada no ano 2011 á listaxe das novas Sete Marabillas da Natureza segundo votación popular realizada a través da Internet entre 454 seleccionados a nivel mundial. Títulos todos totalmente merecidos.

Barco de Gray Line.

Barco de Gray Line.

Pensando no que Halong podería ofrecer fixemos a nosa reserva dende Galicia coa compañía Gray Line. As opinións dos usuarios eran positivas e sabiamos que en Halong había moito calote barato e moito barco que non pagaba a pena. Decidimos agasallarnos cun pequeno luxo nun cruceiro de primeira clase e tres días de duración. O prezo perfectamente asumible.

Halong IV

Halong III

Halong V

Realmente tan só pasamos 48 horas a bordo pero foron 48 horas de pasmo constante. Halong é destes lugares que nin o mellor paisaxista do mundo sabería compoñer a propósito. Sentinme abraiado. Podería estar navegando por Halong e polas baías veciñas de Lan Ha e de Bai Tu Long moitos máis días dos que os cruceiros adoitan ofrecer. Imaxinade un dispendio de illas cársticas en moitos casos de paredes verticais que xorden repentinamente do mar para formar multitude de composicións fermosísimas.

Halong II

Halong X

Halong IX

O cruceiro de Gray Line foi unha boa decisión. A comida exquisita a pesar dos 20 dólares USA que nos cobran polo único e espantoso viño local (Dalat). O cruceiro é edulcorado coa visita a covas, paseos en kayak e a visita ao último dos poboados flotantes que quedan dentro dos límites do Parque Nacional. Seica nun futuro próximo os seus habitantes serán trasladados definitivamente a terra firme para evitar os problemas creados co lixo. As visitan non están mal pero tampouco son realmente necesarias. A paisaxe espectacular de Halong é a protagonista con maiúsculas.

Halong XIII                 Halong XI

Halong XIIO segundo día temos a sorte de quedar sos e ter o barco para percorrer a que coido é a baía máis fermosa do mundo.

http://www.graylinehalong.com

NOTA: Hai moitas posibilidades de coñecer Halong. Os viaxeiros máis independentes xa comezan a visitar as baías veciñas coas mesmas características e menos turistas. Tamén hai quen fai base en Cat Ba e utiliza esta illa para explorar a zona. A evitar a cidade de Halong dirixida máis ben a turistas locais e chineses

Halong VI

Poboado flotante ao fondo.

Poboado flotante ao fondo.

Halong XV

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.