Bos Aires, din que a nosa quinta provincia

A mestura funciona.

A mestura funciona.

Voo longo e agradable co novo entretemento a bordo da compañía Iberia. Aproveito para ollar catro filmes (e outros catro no voo de volta) e levar con paciencia a falla de sono que sufro ultimamente a bordo dos avións. Despois da recente experiencia coa liña aérea Emirates na miña última viaxe a Hong Kong e Bangkok constato que, malia a mellora no servizo, Iberia ten que seguir dando pasos adiante para acadar a eficacia e boas prestacións das compañías de Oriente Medio.

Edificio do Congreso.

Edificio do Congreso.

Aterro nunha noite extremadamente fría para a primavera austral bonaerense. Seica está a ser unha tempada en exceso chuviosa e fresca para o que é de esperar nesta época do ano. Saio tomar unha copa pero a noite está triste e os bares baleiros.

Teño por diante un par de días libres antes de seguir camiño, por mor do meu traballo, ao meu destino final: Córdoba, a segunda cidade por poboación na Arxentina.

Reservo para estas noites un pequeno hotel moi especial na zona de Balvanera, ao norte do coñecido barrio de San Telmo e non moi lonxe do eixo da Avenida de Maio. A zona non ten moi boa sona para camiñar pola noite pero o aloxamento pagaba a pena. Un edificio construído no ano 1895 de arquitectura afrancesada convertido en conventillo ou casa de inquilinato. Os conventillos eran inmobles que ante a presión demográfica de finais do século XIX nun Bos Aires en pleno desenvolvemento foron obxecto de especulación para ser divididos con madeiras e chapas en pequenos compartimentos nos que vivían familias enteiras. Cara a 1890 chegou a haber case 3.000 destes aloxamentos paupérrimos nos que se vivía con moita escaseza. O edificio do Hotel Boutique Complejo Tango era un destes conventillos reconvertido en centro de tango hai tan só uns poucos anos. Posiblemente o concepto boutique non se corresponda cos estándares españois e europeos. Máis ben un hotel sinxelo pero correcto. Oito cuartos dos que non consigo ver ningún hóspede durante a miña estadía pero si algún resto dos almorzos da mañá. Curiosamente os cuartos dan a un corredor no primeiro andar onde se abren varias fiestras asomadas ao salón no que ten lugar unha cea espectáculo baseada en números de tango. Non son un especialista pero o show debe ter certa calidade en vista da afluencia de clientes. E iso que non era barato! Polas mañás almorzo eu soíño nas mesmas mesas do salón de espectáculos. Cada noite axexaba desde as ventás para gozar con algún dos números do espectáculo. Visto a paixón que espertaba en min coido que o tango non é o meu… Con todo, unha experiencia senlleira e totalmente recomendable.

http://www.complejotango.com.ar/es/

Hotel Complejo Tango.

Hotel Complejo Tango.

Ventá sobre o escenario fronte á porta do meu cuarto.

Ventá sobre o escenario fronte á porta do meu cuarto.

Show de tango no hotel.

Show de tango no hotel.

Esta é a miña sexta volta por Bos Aires. Teño moito visto e evito facer as visitas de rigor. O sábado pola mañá dirixo os meus pasos cara ao famoso Hospital do Centro Galego, na mesma avenida de Belgrano na que se atopa o meu hotel. Este edificio construído a comezos dos anos vinte do século pasado con achegas particulares de galegos é toda unha referencia da sanidade na capital federal, porén os malos tempos e a continua crise arxentina téñeno levado ás portas do seu peche. Toda unha exhibición de galeguidade que, coma sempre, vai directa ao meu corazón.

FullSizeRender (42)

Hospital do Centro Galego.

Hospital do Centro Galego.

FullSizeRender (45)

Continuo o meu paseo por esta megalópole de quince millóns de habitantes, o Gran Bos Aires, na que sempre me sinto como na casa. Teño a impresión de visitar unha cidade española co valor engadido de estar ateigada de varias xeracións de galegos e os seus descendentes. Cando defino Bos Aires gústame identificala como un París (un algo) mesturado cun Madrid (un bastante) e un Montevideo e outras cidades sudamericanas (un moito). Bos Aires sempre quixo ser París, pero non o é. Hai edificios modestos e grandes construcións que axudan a recordar París, pero aí remata a semellanza. Os anos de desarrollismo feroz fixeron moito mal e a crise permanente na que vive o país fixeron o resto. Hoxe en día Bos Aires é unha cidade descoidada con graves problemas de limpeza e seguridade cidadá. A excesiva protección que o Goberno fai dos produtos Made in Arxentina e de Mercosur dálle certo aire provinciano e caduco. Isto non quita que haxa zonas opulentas, cosmopolitas e dun moi bo nivel de vida, hainas. Pero non é a tónica xeral e faise moito máis evidente cando se visitan provincias e a Arxentina rural.

FullSizeRender (3)

París ou Sudamérica?

París ou Sudamérica?

Esa mañá o primeiro que fago é tentar cambiar os euros a pesos arxentinos. Á miña chegada o día anterior ao aeroporto de Ezeiza descubrín con sorpresa que tan só manteñen unha oficina de cambio medio agochada ao fondo dun corredor e cun servizo moi deficitario. O cambio oficial é dun euro por 10,65 pesos arxentinos. Neste país, cuns prezos totalmente disparatados en relación co seu nivel adquisitivo, todo o mundo, locais e visitantes, acode ao mercado negro. Fago un cambio de euro por 17,50 pesos. A diferenza é evidente, non si? Pero evidentemente sempre hai un risco á hora de cambiar, mellor preguntar nalgún quiosco da zona centro, sobre todo pola rúa Florida no barrio de Retiro, e face-lo cambio no interior dalgún local con cambiadores que ofrezan un algo de confianza. Pois ben, a pesar deste cambio favorable os prezos arxentinos son as veces superiores aos españois. Unha tolemia que afoga a poboación deste país.

No meu paseo percorro a Avenida de Mayo dende a praza do Congreso ata a Avenida 9 de Julio, esta última considerada como a arteria urbana máis ancha do mundo. Aquí atopo a miña primeira sorpresa da xornada: 12.000 bolivianos inmigrantes desfilando nunha vistosa parada pola integración cultural entre Arxentina e Bolivia. O desfile non ten prezo. Un espectáculo doutro mundo, non tedes máis que ve-las fotos. Cor a esgalla e ambiente festeiro. Masiva penetración indíxena nunha cidade que vai de europea. Quedei encantado.

FullSizeRender (5)

FullSizeRender (39)

FullSizeRender (4)

FullSizeRender (32)

FullSizeRender (10)

FullSizeRender (35)

FullSizeRender (37)

FullSizeRender (41)

FullSizeRender (36)

FullSizeRender (34)FullSizeRender (40)

Ao final do desfile, que vexo pasmado, chega a segunda das sorpresas e atopo que a mesma Avenida de Mayo está pechada, dende 9 de Julio ata a praza de Maio onde se levanta o edificio do Goberno. A razón: Galicia celebra a súa presenza e a súa contribución á historia desta cidade. Galegos con acento porteño e doutras partes do país, incluso vidos do Uruguai e de Venezuela, para contarlle aos habitantes de Bos Aires canto levan da nosa cultura no seu sangue. Traxes tradicionais, música do  país, letreiros en galego, comida da nosa terra (sempre con algunha incorporación española) e, sobre todo, moito orgullo de ser galegos.

FullSizeRender (20)

FullSizeRender (31)

FullSizeRender (30)

FullSizeRender (29)

Praza de Maio.

Edificio colonial do cabido na Praza de Maio.

Na Praza de Maio xúntanse o pavillón da Xunta de Galicia e o escenario no que remata o desfile de bolivianos. Así me gusta o mundo, ben mesturado pero cada un conservando o mellor do seu.

O domingo acudo á Feria de San Telmo, no barrio do mesmo nome entre a Avenida Belgrano e Humberto Primo. O corazón deste mercado dominical é a praza Dorrego (Praza do Coronel Manuel Dorrego), fillo dun comerciante portugués que participou na Guerra de Independencia. Todo tan familiar e próximo. Chove en Bos Aires e o mercadiño queda deslucido. Tampouco vexo nada que me interese. San Telmo é unha boa maneira de pasar as mañás de domingo, comprar souvenirs artesáns e aproveitar para ver algún numero de tango na rúa.

Pagamento en cotas moi usual no país.

Pagamento en cotas moi usual no país.

A choiva desluciu o mercado.

A choiva desluciu o mercado.

Espontáneo en San Telmo.

Espontáneo en San Telmo.

Continuo co meu vagabundear pola cidade pero o luns é día festivo en toda Arxentina (Día do Respecto á Diversidade Cultural anteriormente chamado Día da Raza, é dicir Día da Hispanidade) e a poboación ten fuxido de Bos Aires para aproveitar uns días de ponte. A cidade preséntase triste e reservada.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.