Cajamarca – Cita colonial nas terras altas do norte

Despois de dous días en Trujillo e arredores facemos maletas e seguimos o noso camiño en dirección á serra dos Andes no norte de Perú. Unha viaxe en autobús de máis de sete horas durante a que desfaremos a metade do camiño entre Trujillo e Chiclayo para na cidade de Pacasmayo desviarnos cara ao interior.

Cajamarca dende o Cerro Santa Apoonia

Cajamarca dende o Cerro Santa Apolonia

Os primeiros quilómetros pola costa fanse rápido e son tranquilos e agradables. Pasado Pacasmayo e unha vez que enfilamos cara aos primeiros vales a paisaxe comeza a mostrar pinceladas de cor verde e ofrece magníficos panoramas. O reto comeza a partir da poboación de Tembladera e, sobre todo, de Chilete. A circulación faise moito máis lenta e a estrada convértese nunha sucesión de curvas pechadas cara arriba. A paisaxe a vista de paxaro é arrepiante e vese acentuada polos grandes desniveis que asoman pola dereita e, a ratos, por unha néboa pechada que fan da condución un feito case temerario. O noso bus ten que abrir en cada curva o seu arco de xiro ocupando gran parte da calzada contraria. Son varios as freadas de urxencia que angustian á miña irmá, malia que ninguén pode escapar dunha sensación continua de perigo inminente.

Seguir lendo

Trujillo – A cidade da eterna primavera

A Cidade da Eterna Primavera, é así como reza o slogan turístico da terceira cidade por poboación do Perú. O slogan non está mal escollido, Trujillo ten un clima árido que provoca que as temperaturas medias mínimas e máximas vaian dos 16 aos 23 graos durante todo o ano. E como poderemos comprobar pola paisaxe que rodea a cidade, a choiva non fai practicamente acto de presenza ao longo dos doce meses.

Plaza de Armas.

Plaza de Armas

Trujillo foi fundada polo español Diego de Almagro no século XVI en lembranza da cidade natal de Francisco Pizarro na Estremadura española. Almagro e Pizarro foron os grandes exploradores do actual Perú, amigos e compañeiros de fatigas que se converteron co tempo en inimigos irreconciliables. Almagro morreu primeiro axustizado polo irmá de Pizarro e Pizarro foi asasinado posteriormente polos partidarios de Almagro liderados polo fillo deste. A conquista foi deixando moita xente polo camiño, non só indíxenas nativos senón tamén aqueles que presuntamente estaban do mesmo lado.

Seguir lendo

Chiclayo, o norte do Perú

Chego a Lima con tan só un día e medio por diante para desenvolver a miña actividade profesional. Vou precisar de todo este tempo para darlle solución aos moitos problemas que me agardan agochados nesta cidade. Sen apenas un segundo para o lecer ou para descubrir novos recunchos da capital peruana.

Esta é a miña segunda viaxe a Perú e hai sete anos xa tiven a oportunidade de coñecer esta cidade de vagar, ademais de facer un percorrido pola zona máis turística do país (Arequipa-Lago Titicaca-Cusco-Machu Pichu) e unha escapada ao corazón da selva amazónica peruana (Iquitos).

Máscara no Museo Brüning.

Máscara no Museo Brüning.

Seguir lendo

Mendoza – Aos pés dos Andes

FullSizeRenderDe novo viaxo por mor do meu traballo e con moi pouco tempo libre para coñecer a cidade de destino. Aterro no aeroporto de Mendoza despois de 15 horas de avións máis as súas respectivas esperas nos aeroportos de Santiago de Compostela, Madrid e Santiago de Chile. No meu voo de chegada de España e durante o voo de Santiago de Chile a Mendoza sobrevoo a cordilleira dos Andes cun par de horas de diferenza. En ambos casos o tempo despexado regálame fermosas vistas sobre o pico do Aconcagua, o máis alto de América cos seus 6.959 m sobre o nivel do mar, e sobre moitos outros cumios desta impresionante barreira natural entre Chile e Arxentina.

Mendoza dende o últmimo piso do hotel

Mendoza dende o últmimo piso do hotel Tower Suites.

Seguir lendo