Wroclaw e Poznan – As cidades polacas volven a refulxir

Fachadas en Wroclaw

Fachadas na Praza do Mercado da Sal (pl. Solny) en Wroclaw

Xa tiña ganas de facer unha viaxe que me deixara totalmente compracido. E o momento chegou con Polonia. Dende a miña primeira visita no ano 2003 sinto unha simpatía especial por este país, simpatía que foi medrando ao longo dos anos para converter Polonia nun dos meus destinos preferidos en Europa.

Pero teño que ser obxectivo e ir por partes. Polonia non é o destino ideal para os que procuran unha natureza espectacular. Non. Máis aló da relativamente pequena área ocupada polos montes Tatras, arredor da cidade de Zakopane e preto da fronteira con Eslovaquia, o resto do país é unha inmensa chaira verde sen atractivos senlleiros. Nin sequera as aldeas e o mundo rural que se debuxa dende as estradas resulta especialmente apetecible. Por outra banda, a gastronomía polaca tampouco é para botar foguetes.

Catedral no barrio de Ostrów Tumski en Poznan

Catedral no barrio de Ostrów Tumski en Poznan

Entón, por qué ir a Polonia? Pois…, estamos a falar dun destino perfecto para o turismo urbano con abundantes cidades de forte personalidade e moi ben dotadas de atractivos. Cidades de evidente estilo centroeuropeo pero mesturado con certo aire decadente e aderezadas con abundantes testemuños dos anos de comunismo. Falamos tamén dun país que conta cunhas boas comunicacións por estrada e ferrocarril o que facilita o desprazamento entre cidades e permite chegar en poucas horas de viaxe dunha cidade á seguinte. A todas estas razóns hai que engadir uns prezos en xeral moi razoables. E pechamos cos polacos, un pobo agradable que transmite un algo de entrañable.

Polonia está a vivir o mellor momento da súa historia recente. A economía vai indo e os polacos poden sentirse de novo no mundo que lles corresponde. O país é uns dos primeiros á hora de recibir os fondos estruturais da Unión Europea e nótase. Todo é novo:  aeroportos, estradas, centros comerciais, estacións de trens,… E as cidades non podían ser menos, rehabilitando edificios históricos, pondo ó día os seus museos, pintando fachadas, creando novas infraestruturas e aplicando atrevidas intervencións urbanísticas. Para rematar, a poboación nova e a non tan moza queren saír de presa dos anos de escurantismo e, coma resultado,  o ambiente nocturno fainos lembrar o mellor dos anos 80 en España.

Despois deste limiar coido que é evidente que aconsello rotundamente facer unha escapada a Polonia. E por suposto ao eixo de cidades Gdansk-Varsovia-Cracovia habería que engadir as dúas cidades obxecto deste post.

Reservar trens en Polonia é relativamente doado independentemente de que o noso interlocutor fale ou non inglés. En todas as estacións hai grandes paneis tanto de saídas como de chegadas (parecidos aos das estacións alemás) nos que aparecen os datos de todos os trens que pasan por esa cidade: estación de orixe e de destino final, estacións intermedias con parada,  e os horarios correspondentes. Non hai máis que apuntar nun papel o número do tren escollido, a data de viaxe e a estación de destino e logo achegarse a compralo ao portelo correspondente. Os prezos son axeitados e o servizo correcto. Polo que respecta á puntualidade tampouco houbo queixa. Percorro os case 360 km ferroviarios entre Varsovia e Wroclaw en tres horas e 45 minutos.

http://www.polrail.com/en

Agardando polo tren a Poznan

Agardando polo tren a Poznan

Wroclaw (pronunciar Vrostlaf), capital da rexión de Silesia, é  tamén coñecida en alemán como Breslau ou en español como Breslavia. A cuarta cidade polaca por poboación despois da propia Varsovia, Cracovia e Lodz tivo outros múltiples nomes e pertenceu a catro potencias diferentes (Bohemia, Imperio Austrohúngaro, Prusia e Polonia) ao longo da súa historia para rematar destruída en case a súa totalidade durante a II Guerra Mundial. Non foi ata 1945 que regresou a mans polacas conxuntamente coa rexión de Silesia. A personalidade de Wroclaw non pode asociarse a unha única nacionalidade e atoparemos unha cidade relixiosa e culturalmente diversa. Hoxe en día as autoridades locais teiman en devolverlle o seu antigo esplendor e parece que van polo bo camiño. Polo de pronto este ano comparte a Capitalidade Cultural Europea coa cidade vasca de Donostia.

O Foro Nacional de Música, complexo máis grande de Europa do Leste

O Foro Nacional de Música, complexo máis grande de Europa do Leste

Barbara: oficina de información da Capitalidade Cultural Europea

Barbara: oficina de información da Capitalidade Cultural Europea

Wroclaw dá para unha visita de día e medio ou de dous días. As miñas escasas 24 horas na cidade obríganme a ir ás carreiras e aínda así ter que deixar visitas para unha próxima ocasión. Sen dúbida haberá que dar un paseo pola Praza do Mercado (Rynek), unha das máis grandes de Europa, para admirar as coloristas fachadas e o impresionante edificio tardo gótico da Casa do Concello. O paseo debe facerse extensivo a toda a parte vella (Stare Miasto) para ir descubrindo sorpresa tras sorpresa, entre elas  a Universidade de Wroclaw (século XVIII) coa súa impresionante igrexa (visita gratuíta) e a Aula Leopoldina. Outras sorpresas menores son por exemplo a pequena rúa Stare Jatki, a máis antiga e posiblemente encantadora da cidade. Unha rúa que serviu de matadoiro e carnicería da cidade durante a Idade Media logo reconvertida en pequenas galerías de arte e en tendas de venda de souvenirs. Uns animaliños en bronce a pé da rúa fan referencia ao seu pasado “animal”. Tampouco hai que deixar de subir á torre da Igrexa de Santa Isabel na rúa Sw.Elzbiety. A igrexa foi destruída en varias ocasións e a altura da torre veuse reducida a tan “só” 91 m. Trescentos chanzos de subida estreita e abafante para xente en boa forma. O edificio sobresae sobre todas as edificacións da parte vella e ofrece unhas vistas que permiten facerse unha boa idea do mapa da cidade.

FullSizeRender (36)

A Casa do Concello

A Casa do Concello

FullSizeRender (39)

Praza do Mercado e lateral da Casa do Concello

FullSizeRender (37)

Igrexa de María Magdalena

Igrexa de María Magdalena

Ópera de Wroclaw

Ópera de Wroclaw

FullSizeRender (28)

Universidade de Wroclaw

Praza do Mercado da Sal (pl. Solny)

Praza do Mercado da Sal (pl. Solny)

FullSizeRender (42)

Vistas dende a torre da igrexa de Santa Isabel

Vistas dende a torre da igrexa de Santa Isabel

No límite oriental de Stare Miasto atopamos o Panorama Raclawice, unha estrutura circular que exhibe unha pintura de 114 metros de largo por 15 metros de altura: a Batalla de Raclawice. Obra dos pintores Jan Styka e Wojciech Kossak representa a loita que tivo lugar en 1794 por acadar a independencia de Rusia. A pintura foi rematada en 1894 na cidade de Lviv, actualmente en Ucraína, e enviada a Wroclaw despois da ocupación soviética ao remate da II Guerra Mundial. Non foi ata 1985 que se abriu ao público por mor da súa forte carga simbólica de loita contra o imperialismo soviético.

Exterior do Panorama Raclawice

Exterior do Panorama Raclawice

FullSizeRender (54)

FullSizeRender

Pintura panorámica da Batalla de Raclawice

Pintura panorámica da Batalla de Raclawice

Catedral

Catedral

Aínda que xa non é unha illa, na beira do río Oder enfronte ao barrio de Stare Miasto atópase a coñecida como Illa da Catedral (Ostrów Tumski). Aquí naceu a cidade de Wroclaw e aquí atopamos un conxunto perfectamente restaurado de edificios civís e eclesiásticos. Entre todos destacan as torres afiadas da Catedral gótica de San Xoán o Baptista. O barrio escasea de vida pero a beleza das súas construcións ben paga a pena.

FullSizeRender (49)

FullSizeRender (52)

FullSizeRender (51)

Barrio de Ostrów Tumski

Barrio de Ostrów Tumski

Xa fóra do centro os amantes da arquitectura moderna terán que achegarse ata Hala Stulecia tamén coñecida polo seu nome en inglés Centennial Hall. Un dos poucos edificios do século XX declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. En 1911 o arquitecto alemán Max Berg levantou na que era naquel intre a maior cúpula do mundo. Aplicou solucións innovadoras en formigón para dar forma a un centro cultural que puidese albergar grandes exposicións. O edificio foi rodeado con outras estruturas ás que se engadiu no ano 2009 a fonte luminosa máis grande de Polonia. Repito, unha visita aconsellable unicamente para os moi interesados no mundo da Arquitectura.

Centennial Hall (Hala Stulecia)

Centennial Hall (Hala Stulecia)

FullSizeRender (47)

FullSizeRender (84)Finalmente, Wroclaw garda unha, mellor dito moitas, pequenas sorpresas agochadas polas rúas da súa parte vella. Unha das atraccións máis icónicas e posiblemente memorables dunha visita a esta cidade son os gnomos, krasnale en polaco, de pequeno tamaño e feitos en bronce que aparecen espallados por aquí e por acolá. A pesar de que poidan ser considerados como unha idea banal, a verdade e que estas travesas figuriñas son a iniciativa dun movemento político coñecido coma a Alternativa Laranxa, un movemento de protesta underground que pretendeu denunciar a censura nos espazos públicos durante a era comunista usando a figura dos gnomos como parte da súa reivindicación. As figuriñas fixéronse famosas e traspasaron as fronteiras da cidade. Coa caída do comunismo os gnomos gañaron o status de símbolo de Wroclaw e perduraron como tributo á Alternativa Laranxa. Hoxe fálase de case 300 gnomos “perdidos” polas rúas de Wroclaw pero no caso de buscalos ex profeso o normal é non atopar moitos máis dunha ducia deles.

FullSizeRender (86)

FullSizeRender (82)

FullSizeRender (83)Se tedes interese en descubrir estas figuras podes acudir á web da publicación turística In Your Pocket onde aparecen fotografados e localizados 25 deles:

http://www.inyourpocket.com/wroclaw/Gnomenclature_70297f

Tamén hai unha web específica que axuda a localizar a maioría das figuriñas. Seica  a versión en español non funciona correctamente e é mellor a versión en inglés ou polaco: www.krasnale.pl

De novo collo o tren e en dúas horas e a cambio de 8 € na moeda local (zloty) póñome en Poznan,  outro gran destino urbano polaco con preto de 600.000 habitantes. Poznan é a cidade na que naceu o Estado Polaco e onde o Cristianismo deu os seus primeiros pasos. Con todo un visitante ocasional vai atopar que a súa oferta turística esta unha chisca por debaixo da de Wroclaw. Aínda así a cidade esixe ben un mínimo dunha estadía de 24 horas.

Praza principal de Poznan

Praza principal de Poznan

FullSizeRender (61)

FullSizeRender (64)

Casa dos Artesáns

Casa dos Artesáns

FullSizeRender (66)

FullSizeRender (69)

FullSizeRender (81)

Teño a sorte de que no día da miña visita Poznan celebra o 1050 aniversario do bautismo do Rei Mieszko I que simboliza a conversión do país ao Catolicismo importado de Chequia e o nacemento da nación polaca. O centro histórico estaba invadido por grupos de músicos, relixiosas, mozas co traxe tradicional, persoeiros medievais…, que rematan desfilando pola praza principal nunha procesión presidida polo propio bispo da cidade. A presenza de numerosos controles militares alertan de que o Presidente polaco está a facer unha ofrenda noutra parte da cidade.

FullSizeRender (59)

FullSizeRender (63)

FullSizeRender (60)

FullSizeRender (62)

Coma en Wroclaw, todo xira arredor da praza na que se ergue a impoñente Casa do Concello, un edificio renacentista rematado nunha torre na que tódolos días ás doce da mañá aparecen dúas cabras de estaño batendo as súas cabezas doce veces. Por suposto, as cabras son o símbolo de Poznan. Na mesma praza e a carón deste edificio están as coloristas Casas dos Artesáns na que en tempos se comerciaba coa sal, co peixe e con as velas.

Casa do Concello

Casa do Concello

Outras visita imprescindible no casco histórico (Stare Miasto) é a igrexa barroca de San Estanislao e a súa inmensa fachada que parece querer “desbordar” sobre as casas adxacentes. O soto da igrexa está perforado por unha chea de pequenas adegas utilizadas ata o século XX para almacenar o viño.

Fachada de San Estanislao

Fachada de San Estanislao

Centro histórico

Centro histórico

Pero se hai un edificio impresionante polo seu tamaño é o Colexio Post-Xesuíta hoxe ocupado pola sede do Consello da Cidade de Poznan. Aquí estivo aloxado o propio Napoleón durante tres semanas.

Colexio Post Xesuíta

Colexio Post Xesuíta

FullSizeRender (73)

Espallados pola parte antiga de Poznan hai outros edificios interesantes de diversa tipoloxía como son o Castelo do Kaiser, mandado construír polo Emperador alemán Guillermo II e reconvertido no Centro Cultural Zamek, a Bibilioteca Raczynski e o Gran Teatro.  Unha visita peculiar para os amigos do shoppings e/ou das intervencións arquitectónicas que mesturan o pasado con novos usos é a antiga fábrica de cervexas Hugger, xa que aínda son visible moitos elementos da vella factoría encaixados entre as tendas deste centro comercial e de negocios gañador de múltiples premios de arquitectura e deseño.

Rúas de Poznan

Rúas de Poznan

FullSizeRender (65)

Centro comercial na antiga fábrica de cervexas Hugger

Centro comercial na antiga fábrica de cervexas Hugger

Gran Teatro

Gran Teatro

Antigo Castelo do Kaiser e novo Centro Cultural Zamek

Antigo Castelo do Kaiser e novo Centro Cultural Zamek

Biblioteca Raczynski

Biblioteca Raczynski

Saíndo do centro, o barrio de Jezyce ofrece a Ruta Real-Imperial deseñada para amosar numerosos edificios de interese construídos en gran parte no estilo Art Nouveau.

FullSizeRender (80)Remato a miña agradable estadía en Poznan xantando unha curiosa sopa caseira (pasada de sal) nun restaurantes a carón da Casa do Concello. Curiosamente o soporte para a sopa é unha pequena fogaza de pan. Como xa vos dixen, Polonia ten algo de entrañable que fai da viaxe unha experiencia pracenteira. Da widzenia Polska! Powodzenia!!

2 comentarios en “Wroclaw e Poznan – As cidades polacas volven a refulxir

  1. Como siempre, he disfrutado leyendo y disfrutando de las fotos de este recorrido polaco tan interesante y desconocido para la mayoría de los viajeros.
    Esperando el próximo…. Ud. lo viaje bien.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.