Valparaíso e Concepción – Chile asomado ao Pacífico

A primeira xornada de chegada a Chile foi esgotadora por mor do gran atraso no meu voo procedente de Bos Aires. Aterro en Santiago de Chile e vou directamente á cama.

Zona administrativa en Concepción

Zona administrativa en Concepción

VALPARAÍSO

Á mañá seguinte quedo no hall do hotel co meu amigo José Manuel, outro cidadán do mundo que se ofreceu para facer ao mesmo tempo de condutor e guía e levarme de visita á costa pacífica, ás cidades de Valparaíso e Viña del Mar. José Manuel é un madrileño de alma galega que vive dende hai catro anos en SDC e non deixa de aproveitar calquera ocasión para manter o seu nexo con Galicia. Saímos ás nove da mañá para percorrer en hora e media de viaxe por autoestrada os 120 quilómetros que separan SDC do Pacífico.

Funicular en Valparaíso

Funicular en Valparaíso

Valparaíso foi fundada no século XVI como porto natural de acceso á que logo sería a capital do país. Foi unha pequena colonia de 5.000 habitantes ata que chegou o seu apoxeo no S. XIX, durante o que medrou esaxeradamente. Mágoa que non conserve ningún testemuño do seu pasado español.

FullSizeRender (43)A cidade foi un porto moi importante, o máis relevante do Pacífico no S. XIX, ata a apertura do Canal de Panamá en 1914, e foi por esa razón que o seu barrio histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2003, como exemplo notable do desenvolvemento urbano e arquitectónico de América latina a finais do século XIX.

Valparaíso ocupa un anfiteatro natural no que o tecido urbano foi adaptándose aos máis de 40 outeiros circundantes, paisaxe urbana que contrasta co trazado xeométrico na parte chá da cidade a carón do mar. Outro elemento senlleiro son os catorce funiculares que axudan a que os seus habitantes poidan subir polas escabrosas abas desas lombas.

FullSizeRender (31)

Valparaíso dende o alto co Cerro Concepción en primeiro plano

FullSizeRender (34)

Baía de Valparaíso

FullSizeRender (40)

Funicular entre a parte baixa e a alta en Valparaíso

Funicular entre a parte baixa e a alta en Valparaíso

A poboación foise formando cos inmigrantes de numerosas nacionalidades: alemáns, austríacos, británicos, españois, israelís, franceses, suízos, italianos e outros pobos de raza árabe. Hoxe a área metropolitana formada con Viña del Mar e outras vilas menos coñecidas chega ao millón de habitantes.

A urbe é a sede do Congreso Nacional Chileno e a capital dunha rexión con dous territorios insulares moi coñecidos: a Isla de Pascua (a tan só 3.800 quilómetros de distancia!!) e o arquipélago de Juan Fernández, onde se atopa a illa de Robinson Crusoe na que pasou catro anos o mariñeiro que inspirou a obra homónima de Daniel Defoe.

Con todo, a impresión que recibe un visitante é que Valparaíso viviu tempos mellores e, incluso, o adxectivo de Patrimonio da Humanidade poida parecerlle un pouco excesivo a algúns. Non poño en dúbida o enxebre colorido das súas casas e entendo que Valparaíso sufriu varios terremotos e ata un tsunami, pero un pouco máis de coidado por parte das institucións chilenas non estaría de máis. Unha crítica que fan os chilenos con respecto ao seu propio país é que, malia a bonanza da economía, nestes últimos lustros o goberno non protexe o patrimonio do pasado e pensa tan só en crecer. E é posible que non vaian moi desencamiñados.

FullSizeRender (51)

FullSizeRender (38)

FullSizeRender (39)

FullSizeRender (49)

A visita estándar consiste nun paseo polas prazas da parte baixa da cidade: Plaza Victoria, Plaza Bolivar, coa Biblioteca Severín e o Arco Británico, Plaza Justicia, Plaza Sotomayor, esta última co edificio da Ex-Intendencia tamén coñecido como Armada de Chile e o Monumento aos Heroes de Iquique, e a Plaza Wheelwright na que destaca o edificio da Aduana.

FullSizeRender (45)

Edificio da Ex-Intendencia ou Armada de Chile

FullSizeRender (44)

Plaza Sotomayor

Pero o que realmente fai de Valparaíso un destino senlleiro é a parte alta. Indispensable un percorrido en coche pola estrada máis elevada, a Avenida de Alemania, con paraxe nos miradoiros de Camogli e no da Plaza Bismarck. Tamén o chamado Museo a Cielo Abierto, un barrio de casas coloristas onde abren as portas os obradoiros de moitos artesáns, a pesar de que o domingo da miña visita estaba todo pechado.

FullSizeRender (28)

Vista dende o miradoiro de Camogli

FullSizeRender (33)

Vista dende o miradoiro de Plaza Bismarck

Entrada ao Museo a Ceo Aberto

Entrada ao Museo a Ceo Aberto

Restaurante no barrio do Museo a Ceo Aberto

Restaurante no barrio do Museo a Ceo Aberto

Jose Manuel no Museo á Ceo Aberto

Jose Manuel no Museo a Ceo Aberto

O punto de interese principal, e para moitos turistas o único, é o Cerro Concepción. Aquí están a maioría dos restaurantes, tendas de artesanía e o famoso hotel boutique Gervasoni, que ocupa unha mansión de 1870. Moitos destes restaurantes serven de perfectos miradoiros sobre a parte baixa de Valparaíso. Comemos no Café Turrí e as vistas son tan agradables como a propia comida.

http://www.turri.cl/new/default.asp

Hotel Gervasoni á dereita

Hotel Gervasoni á dereita

Un dos numerosos murais en Cerro Concepción

Un dos numerosos murais en Cerro Concepción

Vista dende os miradoiros de Cerro Concepción

Vista dende os miradoiros de Cerro Concepción

FullSizeRender (47)

Pola tarde continuamos coa visita pola franxa costeira cara ao norte ata a poboación de Concón a través dunha serie ininterrompida de urbanizacións ao máis puro estilo Benidorm.

Famoso reloxo vexetal na entrada a Viña del Mar

Famoso reloxo vexetal na entrada a Viña del Mar

Viña del Mar

Viña del Mar

A primeira parada é en Viña del Mar, tamén coñecida como Ciudad Jardín, unha cidade independente de 300.000 habitantes pero sen separación física coa realidade urbana de Valparaíso. Viña foi o destino balneario de vacacións por antonomasia para a clase alta chilena a comezos do século XX. O feito de que houbese comunicación férrea con Santiago axudou a que grandes familias da capital, xunto coas de Valparaíso, construísen grandes mansións, ás veces auténticos pazos, que rivalizaban entre si. Curiosamente, o tren que lle deu tanta vida deixou de funcionar.

Hoxe a clase alta foi substituída pola clase media e as grandes familias saíron fuxindo cara a novos destinos menos populares. A paisaxe de estilosas mansións foi mudando por torres de incontables andares que se estenden pola franxa costeira. Un desenvolvemento totalmente esaxerado de altos rañaceos que fan lembrar as barriadas das grandes cidades chinesas. Nalgúns casos os rañaceos teñen as súas cimentacións sobre as propia dunas costeiras e tendo en conta que Chile é un país sísmico que sofre continuamente terremotos moi severos dá pé para imaxinar un futuro problemático. Non pensando no futuro, o que xa é unha realidade son os atascos provocados por unhas vías de comunicación claramente insuficientes para os moradores da tempada alta. Sen falar dunhas praias minúsculas totalmente ateigadas no verán austral.

FullSizeRender (56)

Urbanizacións na costa

Urbanizacións na costa

A pesar deste realidade, Viña del Mar está ben urbanizada e resulta agradable, aínda que sen un interese específico. Achegámonos ao xardín do Palacio Vergara (en restauración tras o último terremoto) xa que é aquí onde se levantou o moderno Anfiteatro Quinta Vergara no  que ten lugar cada ano o Festival de la Canción de Viña del Mar, o máis famoso de América latina que se vén celebrando sen interrupción dende 1960.

FullSizeRender (58)

FullSizeRender (59)

FullSizeRender (60)

Anfiteatro Quinta Vergara

Xa de noitiña regresamos a Santiago de Chile compartindo caravana cos habitantes da capital que veñen de pasar o domingo na costa.

CONCEPCIÓN

Santiago de Chile dende o cuarto do hotel

Santiago de Chile dende o cuarto do hotel

FullSizeRender (71)

FullSizeRender (70)

Barrio financeiro en SDC

FullSizeRender (69)

Costanera Center, o rañaceos máis alto de Sudamérica. Santiago de Chile

Aterro cedo de mañanciña proveniente de Santiago de Chile e a compañía Latam, fusión da chilena Lan e a brasileira Tam, dáme a benvida a Concepción cun enorme buraco na miña maleta. Non é nin rozadura nin crocadura senón un inmenso buraco pola que se pode meter unha man e mesmo un brazo. Consigo que a compañía aérea me indemnice cunha maleta nova no mesmo aeroporto

A segunda cidade de Chile é outra historia. A simple vista non amosa signos dun gran pasado nin dun presente demasiado apaixonante. Concepción é a segunda cidade do país, tanto por poboación como pola súa actividade económica, pero a atmosfera reinante é a de cidade pequena, provinciana, na que non parece que ocorran moitas cousas.

FullSizeRender (29)Porén, ao mesmo tempo, Concepción faise agradable polos numerosos parques públicos e o verdor nos outeiros que arrodean o conxunto urbano. É paseando polas súas rúas cando me decato da razón pola que as cidades chilenas resultan en xeral máis harmónicas que as arxentinas. Independentemente doutras evidencias, como a situación económica actual, os urbanistas chilenos tenden a rematar as catro fachadas dos seus edificios; mentres que os arxentinos encaixan edificios de moi diferente altura esperando que constrúan outro similar ao seu carón, polo que quedan laterais que se van deteriorando co tempo.

Boto en falla grandes atractivos polos que pague a pena facer unha escapada ata Concepción. É máis ben un destino de negocios ou por outras razóns alleas ao turismo. Un itinerario polos puntos de interese non leva máis de media xornada. A ruta comeza no Parque Ecuador cunha posible subida ao Cerro Caracol, o mellor miradoiro sobre a cidade. Tamén paga a pena dar unha volta polo Barrio Universitario, con certo aire de campus estadounidense, pola rúa peonil Barros Arana e pola un tanto descafeinada  Plaza de la Independencia, a antiga Plaza de Armas onde Bernardo O´Higgins realizou a declaración solemne da independencia chilena no ano 1818.

FullSizeRender (32)

Campus Universitario

Campus Universitario

FullSizeRender (63)

Rúa peonil Barros Arana

FullSizeRender (62)

Centro de Concepción

Xulgados da cidade

Xulgados da cidade

A pouco interesante Catedral de Concepción

A pouco interesante Catedral de Concepción

Outras opcións pasan por algunha das áreas comerciais do centro e do norte da cidade ou a nova zona administrativa de edificios de coidado deseño nas proximidades da Plaza de España, dentro do Barrio Estación, onde, por outra parte, se concentra gran parte do lecer nocturno.

Edificios en Plaza de España

Edificios en Plaza de España

FullSizeRender (64)A boa factura de moitos dos novos edificios e os arranxos urbanísticos mandan unha mensaxe do prospero momento económico que está a pasar o país, actualmente o de maior renda per capita de América do Sur. Pero durante a miña curta estadía tropezo continuamente con poboación mostrando o seu descontento. A presidenta Bachelet vai costa abaixo no ranking de popularidade. Atopo manifestacións non autorizadas, cortes de tráfico, tomas de edificios, encerros… tanto en Santiago de Chile como en Concepción, para protestar polo elevado custo da vida, polas taxas universitarias e polas feridas non pechadas da Ditadura. Cidadáns reclamando por dereitos e compensacións que ninguén quere escoitar. Traballadores que se queixan de soldos exiguos e longas xornadas laborais. O que por outra banda non é nada estraño para uns oídos españois.

FullSizeRender (30)

Chile ten prezos bastante elevados en relación ao salario medio chileno, ás veces incluso en relación aos salarios españois. A educación e a sanidade queren seguir o modelo estadounidense, ofrecendo servizos moi básicos a aqueles que non poidan pagalos. É o país con maiores desigualdades sociais de todo Sudamérica. Son tan só algúns indicadores de que a última promesa de prosperidade nesta parte do continente comeza a mostrar os primeiros síntomas de ralentización.

Ao igual que Neuquén e Rosario na Arxentina, Concepción non pode ser considerado como un destino turístico de seu e é unicamente recomendable para os que desexen descubrir esta parte da costa chilena.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.