Isla de Chiloé ou como sentir Galicia en Nueva Galicia

Hai dous anos e medio, durante unha travesía en barco dende Puerto Natales ata Puerto Montt, pasei a carón da illa de Chiloé, na Patagonia chilena, e escoitei “esa chamada” que transmiten algúns destinos especiais. Naquel momento, ollando as súas costas, sentín que había algún tipo de conexión entre aquela terra e a miña persoa. Esta primeira impresión viríase confirmar cando os meus compañeiros de navegación me recomendaron  con moita insistencia que volvese con máis tempo e non deixase de visitar ese bonito recuncho de Chile.

Xa na casa e lendo sobre Chiloé descubrín que o seu primeiro nome, aínda que nunca oficial, foi Nueva Galicia. As razóns para escoller este nome parecen de peso xa que, por unha parte, os primeiros exploradores deste territorio consideraron que a paisaxe era moi parecida á galega e, por outra, o Gobernador de Chile nese momento, Rodrigo de Quiroga, era de orixe galaica.

Puente del Alma

Puente del Alma

Distrito Palafítico de Pedro Montt en Castro

Distrito Palafítico de Pedro Montt en Castro

Seguir lendo