Guatapé, arte popular en Colombia

48

26

Todo comezou hai case un século cando o guatapeño José María Parra Jiménez decidiu aprender técnicas e tendencias artísticas para decora-las franxas inferiores das fachadas da súa poboación natal. José María, coñecido polos alcumes de Chepe e Hacedor de Zócalos, quería deste xeito protexe-los edificios das humidades que viñan do chan, e tamén da sucidade que provocaban as galiñas e outros animais, así como do deterioro causado polos rapaces do lugar cando xogaban nas estreitas rúas da vila.

Seguir lendo

Medellín (Unha cuestión de morbo)

9

Medellín e barrios chabolistas subindo polas montañas

Panorámicas dende o Cerro Nutibara

Barrios de alto poder adquisitivo en Medellín

Levo doce días de traballo intenso e sen apenas descanso cando saio de vacacións para Colombia. Nesta ocasión acompáñanme os meus amigos de Vigo, Chelo e Fernando, e Alex, un francés de orixe alxeriano que traballa para British Airways e reside a tempo parcial entre Barcelona e João Pessoa (nordeste brasileiro). Alex está percorrendo ao mesmo tempo Panamá e Costa Rica polo que se vai incorporar ao noso itinerario na cidade de Cartaxena de Indias para, despois, continuar con nós ata o remate da viaxe.

Seguir lendo