Aínda que co cambio de nome segue a ser perfectamente recoñecible, Odisha é o estado no centro da India asomado á costa do Golfo de Bengala que, ata ai uns anos, era coñecido co nome de Orissa. Un estado de transición entre dous destinos turísticos como son Bengala Occidental e a súa capital Kolkata, ao norte, e o sur profundo da India onde destacan as cidades de Chennai (Madrás) e a antiga colonia francesa de Puducherry (Pondicherry). Moitos viaxeiros atravesan o estado camiño dalgún outro lugar, pero Odisha non acostuma figurar entre as preferencias da maioría deles.
Mes: Outubro 2016
De Bengaluru a Kolkata – As megalópoles da India I
Despois do atraso acumulado pola cancelación do noso voo dende Goa, chegamos, por fin, a Bombai, a que é unha das urbes máis poboadas da India e do mundo. Afirmar cal é a cidade con maior número de habitantes dun país como a India non é difícil, senón máis ben imposible. Vai depender de se tomamos a cidade de seu ou a aglomeración urbana que a arrodea, tamén de cando sexa o seu último censo e do ben que se fixera no seu momento. A certeza é que tanto Bombai coma Delhi, Bangalore ou Calcuta son macro cidades de vida frenética e problemas de complexa solución. Á pregunta sobre a poboación de Bombai so hai unha resposta posible: unha cantidade entre doce e vinte e dous millóns de almas. Así de doado!
Goa (trinta e dous anos despois)
Teño que comezar por unha confesión, recoñecer que, malia a miña paixón por todas as ex colonias portuguesas, Goa nunca estivo entre as miñas preferidas.
Goa, o estado máis pequeno en superficie da India, foi entre as décadas dos sesenta e os oitenta do século pasado un refuxio de hippies que procuraban destinos baratos e permisivos. Climatoloxía óptima, praias virxes, chara (resina de cannabis) e bos prezos formaban o cóctel que atraía visitantes de todo o mundo.
Bogotá, capital pero limitada
Facemos unha entrada infernal en Bogotá. Os vinte e cinco quilómetros que marcan os sinais dende a Catedral de Sal convértense en cincuenta medidos polo contador do coche. Tardamos dúas horas e media en chegar ao noso hotel das que unha gran parte corresponden a un tremendo atasco de entrada na capital. Pecamos de inconscientes ao chegar de noite a unha gran megalópole na que non é doado conducir e da que descoñecemos case todo. Ademais, hoxe e venres e o próximo domingo será o plebiscito sobre a firma da PAZ entre o Goberno Colombiano e o grupo terrorista das FARC. Ao igual que ocorreu en Cartaxena de Indias, este sábado haberá lei seca dende as seis da tarde e os locais nocturnos permanecerán pechados na súa inmensa maioría. Sabiamos todo isto pero non reflexionamos sobre que este venres e a estas horas todo Bogotá e os coches dos seus oito millóns de habitantes estarían ocupando as vías da cidade. Un auténtico pesadelo!
De Bucaramanga a Bogotá – A ruta das cidades españolas
Saímos a media tarde de Cartaxena de Indias, de novo coa compañía Viva Colombia, cara ao aeroporto da capital do departamento de Santander: Bucaramanga, ou Buca como a chama a poboación local. Buca é unha cidade importante que supera os 500.000 habitantes e ofrece un aspecto saneado, limpo e bastante ordenado. Pero a pesar de que a súa fundación se remonta ao ano 1622, a súa arquitectura colonial e o seu legado patrimonial perdéronse hai xa moito tempo. A cidade ten un aspecto novo e non ofrece maior interese que ser un lugar de paso para visita-la aldea veciña de San Juan de Girón ou para alugar un coche, como é o noso caso, e comezar un itinerario que nos levará ata Bogotá atravesando algunha das vilas coloniais máis fermosas do país.