De Bengaluru a Kolkata – As megalópoles da India I

Dende a miña fiestra en Bombai

Dende a miña fiestra en Bombai

Despois do atraso acumulado pola cancelación do noso voo dende Goa, chegamos, por fin, a Bombai, a que é unha das urbes máis poboadas da India e do mundo. Afirmar cal é a cidade con maior número de habitantes dun país como a India non é difícil, senón máis ben imposible. Vai depender de se tomamos a cidade de seu ou a aglomeración urbana que a arrodea, tamén de cando sexa o seu último censo e do ben que se fixera no seu momento. A certeza é que tanto Bombai coma Delhi, Bangalore ou Calcuta son macro cidades de vida frenética e problemas de complexa solución. Á pregunta sobre a poboación de Bombai so hai unha resposta posible: unha cantidade entre doce e vinte e dous millóns de almas. Así de doado!

Seguir lendo