De Regensburg e Walhalla

O nome de cidades e lugares poden mudar moito da súa lingua orixinal con respecto a como as denominamos en castelán ou galego. Isto é o que acontece na seguinte cidade en ser visitada neste itinerario que, por motivos profesionais, me leva de Austria a Alemaña pasando por Polonia. Os viaxeiros que veñan procurando a cidade de Ratisbona poden pasar de longo se descoñecen que as indicacións de sinais e letreiros farán referencia a Regensburg, xa que este é o topónimo xermano, e polo tanto o válido, do que nós coñecemos como Ratisbona.

Seguir lendo

Gdańsk e Sopot – As cidades polacas volven a refulxir III

Leito vello do río Motława no que destaca o edificio de “A Grúa”

Hai xa uns anos estiven en Gdańsk e nesta nova visita corroboro que a miña primeira impresión era válida: Gdańsk é a cidade con máis encanto de Polonia. Polo menos para min. Ten unha personalidade mellor definida que a sobrevalorada Cracovia e máis atractiva cá de Wroclaw ou Poznan.

Seguir lendo

Xornada e media en Viena

Paseo lateral do edificio da Glorieta no complexo do Palacio de Schönbrunn

Chego a Viena un xoves á última hora da mañá e non saio cara a Varsovia ata o luns ao mediodía. Pero se teño que descontar todas as horas ocupadas polo meu labor profesional, o tempo libre que poido dedicar a visita-la cidade limítase a unha xornada e media.

Non é moito, mais ben diría que moi pouco para todo o que ten que ofrecer Viena. Unha xornada e media movéndome ás présas dá para coñecer a inmensa zona antiga da cidade e visitar algún dos seus monumentos principais, tamén para achegarme ao Palacio de Schönbrunn e pasear polos seus xardíns, coñecer os tres edificios ideados polo artista austríaco Hundertwasser e, finalmente, pasar un par de horas de lecer no afamado Parque de Atraccións Prater.

Seguir lendo

Semana Santa en Carcassonne e Toulouse

A Cité Medieval de Carcassonne dende a Ponte Vella

Río Garona ao seu paso por Toulouse. O porto antigo reconvertido en xardín público e a igrexa de Nosa Señora da Daurade

A Semana Santa deste ano cólleme un tanto despistado e cando quero decatarme do asunto…, os días festivos xa están enriba da data. Malia que hai programados varios voos extraordinarios dende o aeroporto de Santiago, estes están destinados a paquetes turísticos con aloxamento e outros servizos que encarecen bastante a oferta.

Seguir lendo