Palestina (Cisxordania), onde todo comezou

Graffiti de Bansky preto do muro que separa Cisxordania de Israel

Para coñecer o programa deste día e o resto da estadía en Terra Santa consultar o post Israel

Despois de visitar o Monte das Oliveiras saímos cara a Bethlehem (Belén). Durante os escasos dez quilómetros que separan ambas cidades temos tempo de ir coñecendo algúns feitos do día a día en Palestina que contrastan coas imaxes preconcibidas que tiñamos.

Seguir lendo

Israel, o peso do pasado

Xudeus ortodoxos no Muro das Lamentacións

Celebración da Festa do Orgullo Gay en Tel Aviv

Chego ao outro confín do Mar Mediterráneo cargado de imaxes e, tamén, dalgún que outro prexuízo. As imaxes foron depositándose dende a miña infancia a base das moreas de noticias que xeraron o asentamento do Estado de Israel e os seus conflitos cos seus veciños e coas terras palestinas ocupadas. Os prexuízos veñen dados pola miña tendencia a colocarme da parte dos que sofren e dos que son sometidos contra a súa vontade. Non estou aquí para facer análise política nin para buscar xustificacións históricas a un problema de difícil solución. Non me quero pronunciar en ningún sentido sen maior coñecemento pero…, o meu corazón está na parte palestina.

Seguir lendo

O branco sur do Brasil-Curitiba, Porto Alegre e Gramado

O “Ollo” no Museo Niemeyer de Curitiba

Travessa Venezianos en Porto Alegre

Para coñecer a primeira parte desta viaxe, visitar o link Brasil Nordestino

CURITIBA

Voo dende Fortaleza a Curitiba vía o aeroporto de São Paulo-Guarulhos coa aeroliña Latam. Esta compañía aérea, froito da fusión da chilena Lan e da brasileira Tam, é a primeira de América Latina polo numero de conexións. Malia a proliferación de novos voos dentro do Brasil aínda queda moito por facer e moverse dunha cidade a outra non é sempre nin tan rápido nin tan evidente como pode parecer. Fortaleza e Curitiba, a quinta e a oitava megalópoles máis poboadas do Brasil, non teñen ningún voo directo que permita percorrer rapidamente os 2.700 km que as separan e a mellor conexión que consigo demora case dez horas dende que saio do meu hotel en Fortaleza ata que chego ao de Curitiba. Comprobando horarios para outros días, o tempo de viaxe porta a porta non baixa dun mínimo de oito horas.

Seguir lendo