Ola e benvid@s a este blog.
Xan naceu hai 58 anos nunha cidade na que daquela non pasaba nada: Ourense. Despois dunha abafante ditadura, España comezou a abrirse ó exterior e Xan viu a oportunidade de coñecer persoalmente todas aquelas imaxes que tiña gravadas na súa retina.
A súa primeira saída ao mundo foi toda unha declaración de intencións: un billete de ida de París a Paquistán e unha volta dende Istambul tres meses e medio máis tarde. Aí principiou toda unha singradura que o ten levado durante os últimos trinta e seis anos por cidades, illas, desertos, mares e montañas dos cinco continentes.
A súa actividade profesional como guía de turismo, a súa experiencia como axente de viaxes e os máis de vinte e catro dedicados á promoción turística na súa amada Galicia, axudáronlle a descubrir moitos máis recunchos dos que nunca imaxinara.
De volta en Galicia no ano 92 constatou que a terra onde naceu é onde quere vivir.
O seu ollar atlántico, introvertido e profundamente galego é o motivo desta bitácora.
De Ourense tiñas que ser!. Excelente blog. Muy ameno e instructivo.
Grazas Luis xa que, supoño, ler en galego non ten que ser doado para un cántabro coma ti. Apertas
Interesante e didactico artigo sobre as estacións mais belas do metro Moscú,asi como manexarse por il.
ya tienes un lectora gallega mas (desde Bangkok)
Bicos
Ola María. Non sabes canto me alegro de ter unha lectora dende o outro extremo do mundo. Benvida e bicos!
Todos os cantos dos mundo, por mais belos que sejam, só ficam a ganhar com a tua passagem.
Abraco
A ironía portuguesa…Abraços
Noraboa! moi interesante e moi ben escrito. Enxeva!!
Benvida a este espazo. Saúdos
Enhorabuena Xan por este paso!! Yo me animé en enero del 2014. Te deseo muchas visitas y sobre todo que disfrutes mucho la experiencia de compartir tus vivencias con tus lectores! 😉 Besos desde Ourense
Gracias por los ánimos! Un abrazo