É a mañá do día de Reis e o corpo pide actividade para compensar os efectos das numerosas enchentes que acompañan as festas de Nadal. E ocorréseme achegarme ata o concello de Portas, a escasos quilómetros da vila de Caldas de Reis e a corenta minutos por autoestrada de Santiago de Compostela, para coñecer e percorrer a Vía Verde do Salnés, unha nova oferta ciclosendeirista inaugurada durante a pandemia, en novembro do 2020.
Vista dos socalcos dende o miradoiro de Pena do Castelo en DoadeRosi na necrópole medieval de San Vítor
A Ribeira Sacra é o destino turístico de moda en Galicia. Mudou de ser unha absoluta descoñecida a estar en boca de todo o mundo. Eu mesmo, que pasei toda a miña infancia en Ourense capital –a 15 minutos en coche dunha das súas portas de entrada-, non fun coñecedor da súa existencia ata á miña volta a Galicia hai 29 anos.
Naquel tempo unicamente chegaron ata min algunhas referencias da beleza do canón do Sil e das moreas de cousas a visitar, grazas aos comentarios de dúas boas amigas orixinarias desa zona. Co tempo, e despois dunha ou varias visitas cada ano, fun descubrindo un recuncho apaixonante da nosa terra que non deixa indiferente a ninguén.
Império do Divino Espíritu Santo da Caridade da Praia da Vitória (Illa Terceira)
Quen escoite ao mesmo tempo os vocábulos império e portugués vai facer unha rápida asociación de ideas que o levará aos tempos nos que Portugal era unha gran potencia marítima con territorios de ultramar por todos os continentes. Pero non é este o motivo desta entrada no blog, non.
Talvez se engadimos á palabra império tres adxectivos para convertelo en império do Divino Espírito Santo, xa algún comezará a facerse unha idea do que estou a falar. Sobre todo se ten viaxado polos Azores e especialmente polas illas de Terceira, Faial e Pico.
Passadiços do PaivaA nova ponte suspensa 516 Arouca
É o noso colega portugués António quen nos mantén informado de todas as novidades que van acontecendo no país veciño. E hai xa algún tempo que viña falando desta nova oferta de turismo de natureza que son os Passadiços do Paiva, unha senda de case nove quilómetros que percorre a marxe esquerda do Paiva, un afluente do río Duero.
O que lle dá carácter a este vieiro é, ademais da súa propia beleza natural, a intervención da man do home para, grazas a pasarelas e escaleiras de madeira, conseguir salva-los desniveis do canón do río Paiva. Algo semellante ao que se fixo en Galicia coa pasarela do río Mao, na Ribeira Sacra ourensá, e coa senda que vai dende Pazos de Arenteiro ao Pozo dos Fumes, no Ribeiro. Pero a obra portuguesa, ademais de estar moi ben feita, supera en moito aos treitos galegos.
Hoxe falo de novo de Galicia e desa beleza que ás veces non somos quen de percibir. Idealizamos paisaxes e destinos que fican lonxe da casa sen decatarnos de que xa vivimos nunha terra bendicida polos deuses, unha terra que ten moito para ofrecer.
Faro de Cabo Home e Costa da Vela
Malia que o estado das nosas sendas non sempre é o mellor e que aos concellos e institucións locais aínda lles custa entender que as instalacións hai que mantelas, Galicia é de seu un espazo perfecto para a práctica sendeirista. De feito, as nosas aldeas adoitaban estar unidas entre elas por unha rede de vereas e carreiros, sendas ao fin e ao cabo, que facilitaban a comunicación.
Ponte a camiñar por Galicia e non será difícil que atopes algún miradoiro, cruceiro, hórreo, fonte, lavadoiro, peto de ánimas, capela e outros elementos patrimoniais da arquitectura popular galega. E case sempre en contornas paisaxísticas que alentan a seguir un pouco máis. Camiñar por Galicia é todo un pracer e unha experiencia vivificadora ao alcance de todo o mundo. E moitas veces de balde!
Comezo a escribir este post no mes de xuño. Xa pasou tempo dabondo dende que rematou esta viaxe por Bielorrusia. Polo medio, moitos días de confinamento durante os que sentar a falar de viaxes estaba fóra de lugar. Agora estamos a vivir xa nesta pouco apetecíbel “nova normalidade” e retomo os meus bos vezos viaxeiros con ganas de anima-la xente a coñecer outras culturas.
Esta é a terceira etapa dunha viaxe por Myanmar que nos ten levado por lugares como Pyin oo Lwin, Mandalay e arrededores (ve-lo linkAmando Myanmar I), Kalaw, Pindaya e o Lago Inlé (ve-lo linkAmando Myanmar II).
Esta mañá saímos de Nyaung Shwe, a vila que funciona como capital do Lago Inlé, e tardamos algo menos dunha hora en percorrer os 40 quilómetros que a separan do aeroporto de Heho. Como a competencia en Nyaung Shwe é dura, pagamos tan só 15.000 kyats (9 €) polo taxi que custaría 25.000 kyats no caso de collelo en sentido contrario no aeroporto.
Para consultar a primeira parte desta viaxe ve-lo linkAmando Myanmar I
Xa pasaron catro días dende que chegamos a Myanmar, dous deles en Pyin oo Lwin, a antiga capital estival durante o Protectorado Británico, e outros dous en Mandalay e arredores. Agora toca seguir camiño en dirección sueste para coñecer o que posiblemente sexa o destino máis especial de Myanmar, un lugar que non deixa a ninguén indiferente: o Lago Inlé.