Neuquén e Rosario, o soño crebado das cidades arxentinas

Son consciente de que nin Neuquén nin Rosario son dous destinos habituais para un viaxeiro español que decida coñecer a Arxentina. É obvio que eu tampouco serían quen de visitar estas cidades de non ser por mor do meu traballo.

NEUQUÉN

Despois de pasar a noite en Bos Aires tomo o primeiro voo ao pequeno e novo aeroporto de Neuquén, onde aterro antes das oito da mañá. Nada mais saír á rúa sinto a baixada de temperatura, case invernal. E o vento, forte e incómodo.

Neuquén, capital da provincia do mesmo nome, é considerada a primeira cidade da Patagonia Arxentina cunha poboación superior aos 250.000 habitantes se contamos coa súa aglomeración urbana, incluída a veciña vila de Cipolletti, xa na provincia de Río Negro. Neuquén é ademais unha cidade rica, a cidade do petróleo, famosa polo seu xacemento Centenario perforado por uns 111 pequenos pozos de extracción. E coa segunda reserva de gas fósil a nivel mundial.

Monumento a los Caídos en las Islas Malvinas en Neuquén

Monumento a los Caídos en las Islas Malvinas en Neuquén

Monumento a la Bandera en Rosario

Monumento a la Bandera en Rosario

Seguir lendo

Cataratas de Iguazú, unha das sete novas marabillas do mundo

FullSizeRender (45)

Comezo un itinerario de 21 días pola América Austral  que me vai levar por sete cidades (Asunción, Ciudad del Este, Concepción, Neuquén, Rosario, Santiago de Chile e Valparaíso) de tres países (Arxentina, Chile e Paraguai), por un espazo natural verdadeiramente senlleiro (Cataratas de Iguazú) e por  unha illa asombrosa en medio da Patagonia Chilena (Chiloé). Unha  viaxe cun deseño un tanto irracional  que está definido por necesidades de traballo con engadidos lúdicos ao comezo e ao final da mesma.

Chego a Bos Aires tras 18 horas de viaxe entre voos e terminais. Aquí teño que realizar un cambio de aeroporto xa que os voos de Iberia, como todos os intercontinentais, chegan ao aeroporto de Ezeiza e o meu voo doméstico a Puerto Iguazú ten saída dende o céntrico aeroporto de Aeroparque. Un mínimo de 45 minutos e bastantes euros para o traslado entre aeroportos no caso de facelo en taxi. Moitos menos euros pero moito máis tempo no caso de facelo  en autobús coa empresa Tienda León.

Seguir lendo

Ruta das Sierras Pampeanas e das Estancias Xesuíticas da rexión de Córdoba

E tiña que ser! No meu post do pasado día 18 de outubro xa prometía que na miña próxima visita a Córdoba (Arxentina) non podería deixar de coñecer as serras que se estenden cara ao oeste da cidade nin tampouco un dos poucos “Patrimonios da Humanidade” declarados pola Unesco en Arxentina coñecido como a ruta das Estancias Jesuíticas, un total de cinco edificios monumentais espallados polo sur e, sobre todo, polo norte da urbe cordobesa.

Coido que non é un segredo que non teño moita simpatía pola segunda megalópole de Arxentina, os motivos xa foron explicados anteriormente. É por esa razón que debía pegar unha visita aos atractivos polos que a rexión de Córdoba é coñecida e entender que atraía desta zona a moitos turistas arxentinos e incluso a  algúns estranxeiros. E a verdade é que a rexión de Córdoba non me defraudou, dende logo que non.

Estancia Caroya

Estancia Caroya

La Cumbrecita

La Cumbrecita

Seguir lendo

Mendoza – Aos pés dos Andes

FullSizeRenderDe novo viaxo por mor do meu traballo e con moi pouco tempo libre para coñecer a cidade de destino. Aterro no aeroporto de Mendoza despois de 15 horas de avións máis as súas respectivas esperas nos aeroportos de Santiago de Compostela, Madrid e Santiago de Chile. No meu voo de chegada de España e durante o voo de Santiago de Chile a Mendoza sobrevoo a cordilleira dos Andes cun par de horas de diferenza. En ambos casos o tempo despexado regálame fermosas vistas sobre o pico do Aconcagua, o máis alto de América cos seus 6.959 m sobre o nivel do mar, e sobre moitos outros cumios desta impresionante barreira natural entre Chile e Arxentina.

Mendoza dende o últmimo piso do hotel

Mendoza dende o últmimo piso do hotel Tower Suites.

Seguir lendo

Córdoba – Porta de entrada ás Sierras Pampeanas (Arxentina)

Hai outra Córdoba a case 10.000 quilómetros da súa irmá andaluza. A unha distancia de 700 km de Bos Aires en dirección noroeste é a segunda cidade do país por poboación con máis de 1.300.000 habitantes. E pola súa situación na Pampa (chaira en lingua quechua) aos pés das serras pampeanas é ademais un importante destino turístico para moitos arxentinos.

Praza San Martín cos edificios da catedral e do cabido.

Praza San Martín cos edificios da catedral e do cabido.

Esta é a miña terceira visita e coido que aínda haberá máis. Recoñezo que nos meus últimos posts estou sendo crítico cos lugares que visito pero Córdoba tampouco é unha cidade da miña preferencia. As razóns son múltiples, pero sobre todo destacan o seu mediocre urbanismo e un exceso de provincianismo para a que é a segunda metrópole do país. A pesar de que se ven construcións recentes, en Córdoba acrecéntase a impresión que teño cando viaxo pola Arxentina e que en Bos Aires pasa un tanto desapercibida: a dun país que tivo o seu momento de grandeza con grandes expectativas de converterse na potencia branca de América do Sur pero no que todo quedou en promesas. Hoxe en día hai outros países como Perú, Colombia e sobre todo Chile que o están a facer bastante mellor. Arxentina, e polo tanto Córdoba, teñen un aire de decadencia, de sono roubado do que a poboación leva anos espertando para comprender que o seu futuro non vai ser o que imaxinaban. E o peor de todo é que os arxentinos parecen a miúdo cabreados coa súa realidade.

Seguir lendo

Bos Aires, din que a nosa quinta provincia

A mestura funciona.

A mestura funciona.

Voo longo e agradable co novo entretemento a bordo da compañía Iberia. Aproveito para ollar catro filmes (e outros catro no voo de volta) e levar con paciencia a falla de sono que sufro ultimamente a bordo dos avións. Despois da recente experiencia coa liña aérea Emirates na miña última viaxe a Hong Kong e Bangkok constato que, malia a mellora no servizo, Iberia ten que seguir dando pasos adiante para acadar a eficacia e boas prestacións das compañías de Oriente Medio.

Edificio do Congreso.

Edificio do Congreso.

Seguir lendo