De xoldra por España – Cantabria Occidental

Como xa manifestei en repetidas ocasións, son un namorado das escapadas de inverno. Nesa época do ano é cando os lugares mostran a súa esencia nun estado máis puro. O que se perde polo peche de servizos por fóra de tempada ou por falta de animación, gáñase en tranquilidade, en mellores prezos e na sensación de estar a ver as cousas coma realmente son. É por esa razón que todos os anos tentamos facer dúas escapadas invernais, unha por España e outra por Europa, ademais de múltiples, pero curtas, escapadas por Galicia.

Vistas de Picos de Europa dende o mosteiro de Santo Toribio de Liébana

Este ano é Bruno quen decide que o noso destino sexa Cantabria. Eu xa tiven varias oportunidades de visitar esta rexión e nesta ocasión nin sequera a barallaba como unha posibilidade. Tiña outros destinos en mente como as bisbarras do sur da provincia de Salamanca ou a Serra de Grazalema, entre Cádiz e Málaga, ou a propia cidade de Málaga que está a beneficiarse de importantes investimentos para mellorar a súa oferta. Pero Bruno nunca estivo en Cantabria e, pola miña parte, …a quén non lle peta volver a unha Comunidade que promete unha boa oferta de natureza ademais de vilas e aldeas entre as mellor conservadas de España?

Seguir lendo

Ilha de São Vicente – Benvidos á casa de Cesária Évora

Bruno en Baía das Gatas

Tal e como relataba nos meus posts de Serbia e Montenegro, as vacacións oficiais deste ano 2016, é dicir as que normalmente realizamos ao final do verán, foron divididas en dúas quendas: Serbia e Montenegro no mes de xullo e as illas de Cabo Verde no mes de Nadal. Dividindo as vacacións deste xeito temos oportunidade de fuxir dunhas festas que non son do noso agrado e, ao mesmo tempo, facer un intermedio soleado no máis cru do inverno. Malia o lixeiro descontento por parte das nosas familias decidimos pasar os días de Noiteboa e o de Nadal nas illas de Cabo Verde, ese país que, tanto na súa situación xeográfica  coma na súa realidade cultural, está  a medio camiño entre África e Europa.

Seguir lendo

Ilha de Santo Antão – Obra de deuses

É o noso terceiro día en Cabo Verde e mudamos de illa. A boa visibilidade dende São Vicente durante os días previos permitiunos ver a contorna extremadamente elevada da Illa de Santo Antão. As dúas illas non están afastadas unha da outra pero atravesar o perigoso mar que as separa é outro cantar.

Na vila de Paul

Coido que é un bo momento para facer un pequeno repaso da curiosa xeografía deste país totalmente insular. As dez illas pódense dividir en diferentes grupos dependendo de criterios meteorolóxicos ou orográficos. Se temos en conta o habitual e forte vento que se move polo arquipélago podemos clasificalas entre illas de Barlovento (São Vicente-Santo Antão-Santa Luzia-São Nicolau-Sal-Boavista), é dicir aquelas dende onde sopra o vento, e as de Sotavento (Maio-Santiago-Fogo-Brava), ou illas cara a onde sopra ese vento. É a división máis usual, pero a poboación local tamén fala das illas das praias (Boavista-Maio-Sal), das illas das montañas (Brava-Fogo-Santiago-São Nicolau-Santo Antão) e dunha illa con características especiais e mestura dos outros dous grupos (São Vicente). Ás veces esquecen a Santa Luzia por ser a única delas non habitada.

Seguir lendo