Coñecendo Galicia – A Ribeira Sacra I

O primeiro que debo explicar é que malia que este é o meu primeiro post sobre A Ribeira Sacra, non quere dicir que esta proposta teña que ser a primeira escapada para aqueles que nunca visitaron un territorio tan interesante e cheo de atractivos.

Canón do río Miño á volta de Pesqueiras

Canón do río Miño á volta de Pesqueiras

FullSizeRender (3)

Pinturas en Pesqueiras

A Ribeira Sacara aspira a converterse máis cedo que tarde nun novo destino a incrementar a listaxe do Patrimonio da Humanidade da Unesco en Galicia. Este feito pode darnos unha idea da importancia dos recursos paisaxísticos e patrimoniais deste recanto de Galicia a cabalo entre as provincias de Lugo e Ourense. Son moitas as cousas a ver e facer pero para os principiantes neste destino hai que salientar tres rutas principais: a ruta dos encoros e dos catamaráns que permite ver os canóns do Miño e do Sil navegando polas augas destes ríos; a ruta dos conventos e mosteiros que invita a visitar varios dos sete edificios que aínda permanecen en pé dos 18 que chegaron a levantarse neste recuncho da Galicia rural; e a ruta do románico que quere dar a coñecer unha morea de pequenas e marabillosas igrexas construídas en lugares non sempre con bo acceso.

Seguir lendo

Coñecendo Galicia – Romaría viquinga de Catoira

Galicia é rica en festas populares. Nos meses de verán hai oferta a esgalla. Mesmo onte confluían a Festa do Viño Albariño en Cambados, as Carrilanas en Esteiro (Muros) e a Romaría Viquinga de Catoira, e non dubidedes que habería unhas cantas máis. As nosas preferencias foron pola recreación dos ataques nórdicos nas costas galegas. Había xa unha ducia de anos que non pasaba por Catoira e de seguro que a serie de televisión “Viquingos” tivo algo que ver.

Escollemos viaxar en tren. As festas son para vivilas e os controis de tráfico poden arruinalas. Mellor, seguro. A vía do tren que vai dende Santiago de Compostela cara a Pontevedra está desdobrada, a vella pola que pasan os trens rexionais con paradas en todas as estacións; e a nova, a do chamado AVE atlántico con parada unicamente nos grandes núcleos de poboación. Por Catoira pasan as dúas vías, pero tan só a vella ten parada. En menos de media hora e por unha tarifa de 6,40 €, ida e volta, poñémonos no noso destino.

FullSizeRender5 Seguir lendo

Coñecendo Galicia – Cidade de Lugo

Un maio moito máis que primaveral e o termómetro chega ata os 31 graos na sempre abafante cidade de Ourense. A lóxica e o desexo de ve-lo mar debería levarnos á costa, pero certos compromisos tiran de nós cara a unha das cidades menos visitadas en Galicia: Lugo.

IMG_1642[1]

A súa sona non é excesivamente boa. Para o resto de galegos, Lugo peca de cidade provinciana (no mellor dos casos), pouco interesante e cunha meteoroloxía endiañada. Algo de certo hai, non o imos negar, pero a realidade ten mudado completamente nestes últimos anos. Aínda lle queda moito polo que loitar, tampouco o imos negar, pero hai que recoñecer que Lugo ten dado pasos de xigante para coller ás outras cidades galegas e, nalgúns casos, incluso superalas.

Seguir lendo

Coñecendo Galicia – A Costa da Morte I

O plan era unha fin de semana caseira, quentiña, a carón do lume da cheminea. O cambio pegado na meteo en poucos días e a boa previsión da fin de semana obrigou a argallar unha saída para axudar a desentumecer os ósos das últimas choivas.

A primeira intención foi ir cara ás beiras do Miño no concello de Taboada (Lugo). Seica había a festa de non sei que e seica tiñan todo cheo. Mellor, queda para outra.

O sábado despois do xantar pegamos no coche en busca de aires mariños. Diriximos os nosas pasos cara á Costa da Morte norte, o traxecto que vai dende Laxe ata preto de Malpica de Bergantiños. Alugamos un hoteliño rural e improvisamos un percorrido para visitar os principais atractivos da zona.

Guía no Dolmen de Dombate

Guía no Dolmen de Dombate

Se hai unha cousa que ten mellorado en Galicia son as súas estradas. A tradicionalmente illada Costa da Morte é facilmente accesible por autoestrada dende A Coruña ou por estradas comarcais en boas condicións dende Santiago de Compostela.

Seguir lendo

Coñecendo Galicia – Entroido de Vilariño de Conso

Hai que madrugar (sobre todo vindo de troulear a noite anterior en Ourense), tendo en conta que na zona próxima a Vilariño de Conso non hai moita oferta de aloxamento e a pouca que hai énchese rapidamente nestas datas.

O concello de Vilariño de Conso estendese polas abas do Macizo Central no extremo oriental da provincia de Ourense. Para chegar hai dúas posibilidades: dende A Gudiña pola escénica estrada comarcal que vai polo Encoro das Portas; e dende A Gudiña, A Pobra de Trives ou A Rúa pasando por Viana do Bolo e seguir 8 km por estradas comarcais ata a capital do concello de Vilariño de Conso. Contade cunha hora e media de viaxe dende a cidade de Ourense.

IMG_0180-rIMG_0196-r

Seguir lendo

Coñecendo Galicia – Serra do Xurés

A Escusalla, unha casa de pantasmas

A Escusalla, unha casa chea de pantasmas

Galicia é incrible e fascinante. Canto máis a coñezo máis me rindo ós seus pés. Se cadra os galegos non estamos á súa altura…, non somos conscientes de todo o que está a nos ofrecer.

Baixo o título “Coñecendo Galicia” quero ir descubrindo recunchos da nosa terra aínda pouco coñecidos polo viaxeiro, mesmo polos galegos. Territorios ricos en patrimonio, en gastronomía, en tradicións e tamén espazos naturais cunha contorna sorprendente.

Non é máis que unha proposta de itinerario. Cada viaxeiro deberá crear a súa propia ruta dependendo das súas inquedanzas, da época do ano, da meteoroloxía (xa sabedes, en Galicia moi cambiante), e do tempo dispoñible. As opcións son múltiples. No mapa de Google da barra lateral podedes seguir o percorrido e a situación de cada un dos lugares visitados.

Seguir lendo

Onde o Mundo se chama Celanova…en Nadal

IMG_9663[1]IMG_9670[1]

Imos ir por partes. Odio o Nadal. Xa sei que somos unha morea de xente co mesmo sentimento, pero tamén sei que pasamos totalmente desapercibidos no ambiente xeral de celebración. A miña política é fuxir, procurar refuxios de proximidade onde as festas non teñan tanto protagonismo. Pero a cea de Noiteboa e o xantar de Nadal son sagrados. Nun par de ocasións que estiven pola India e IMG_9668[1]xa non lembro onde máis, foi todo un disgusto para a miña nai. E nai non hai máis que unha, e unha nai galega…non che quero contar. Ela xa non está pero deixou en min o desexo de estar cos meus.

Seguir lendo