Antigua, esplendor español

IMG_9014IMG_9013

Dedicamos dous días a Antigua. Mostras da arquitectura colonial española, coma as que adornan esta cidade, fanme reconciliar co período colonial. É un dicir… nada me reconcilia coa explotación, racismo e escravitude, pero é verdade que coa desculpa de impoñer a cultura e, sobre todo, a relixión, ademais de auténticas atrocidades, tamén houbo grandes obras de enxeñería, importantes legados patrimoniais e incluso manifestacións artísticas de fusión moi interesantes. Partindo do negativo do colonialismo, parece que portugueses e españois foron capaces de compensar minimamente o seu latrocinio.

Seguir lendo

No altiplano chapín

IMG_8871IMG_8922IMG_8883

Chapín é o alcume dos guatemaltecos, nome con orixe nun tipo de zapato utilizado polos españois e semellante ó utilizado pola poboación indíxena do que hoxe é Guatemala. Pero volvamos á viaxe!

Estamos maiores, non me canso de dicilo! As miñas ansias de coñecer non teñen diminuído co tempo e a miña curiosidade vai a máis se cabe… pero o feito de sufrir percorridos en bus por enriba das seis horas de viaxe dáme preguiza. Por esa razón, reservamos o voo de mañá cedo entre Flores e a capital, Cidade de Guatemala.

Seguir lendo

O Corazón do Mundo Maia

IMG_8841 IMG_8831Facemos o camiño de volta dende Ambergris á Cidade de Belice acompañados por menonitas (cunha importante colonia neste país) e cuadrilleiros rastafaris, para enlazar coa única conexión diaria á cidade de Flores, capital da selva do Petén no norte de Guatemala. E facémolo un día antes do planeado, debido á falta de encanto da illa bonita para engaiolarnos.

Seguir lendo