Haarlem, pero non está en Nova York?

Pois si, tamén. Pero o barrio neoiorquino de maioría afro-americana escríbese con tan só un “a”: Harlem.

Seica os primeiros colonizadores do Novo Mundo non andaban mal de preguiza e á hora de poñer nomes repetían os das súas terras de orixe co adxectivo novo ou nova por diante.

O primeiro europeo en chegar en 1524 ao que hoxe coñecemos por Manhattan foi o italiano Giovanni da Verrazzano, que por estar ao servizo da coroa francesa púxolle o nome Nouvelle Angoulême. Tras a fundación da Compañía Holandesa das Indias Occidentais en 1621, impúlsase a colonización en América do Norte e chegan os holandeses por estes lares dándolle o nome de Nieuw Amsterdam á punta sur da illa de Manhattan e de Nieuw Haarlem o extremo oposto no norte, é dicir Nova Amsterdam e Nova Haarlem. Orixinais, non si? E para rematala aparecen os británicos no ano 1664 e toman posesión deste territorio bautizado por terceira vez coma New York polo feito de estar comandados polo Duque de York.

Muiño e museo De Adriaan

Muiño e museo De Adriaan

Seguir lendo