Dubrovnik, seguindo as pegadas de Xogo de Tronos

502

Porto Vello de Dubrovnik dende o lazareto

Dubrovnik co forte Bokar e as murallas en primeiro plano e o Monte San Serxio ao fondo

Dubrovnik co forte Bokar e as murallas en primeiro plano e o Monte San Serxio ao fondo á esquerda

Aqueles que viñeron seguindo os últimos posts desta viaxe de verán por Serbia e Montenegro xa deberían saber que o motivo principal para achegarnos a Dubrovnik é que o seu aeroporto funciona como porta de entrada e saída da costa do país veciño, o que, combinado coa oferta de voos da compañía Vueling, permítenos facer un itinerario lineal con entrada por Belgrado e saída dende a costa croata sen ter que desfacer o camiño en ningún momento. Pero tamén hai outra razón de moito peso que é poder pisar en directo algunha das localizacións da prestixiosa serie de televisión “Xogo de Tronos”, xa que tanto Bruno coma eu somos seguidores entusiasmados desta narración pseudohistórica.

Seguir lendo

Sete días en Montenegro II – A costa do Adriático

HERCEG NOVI E PERAST

Despois da terrorífica e esgotadora viaxe do día anterior, decidimos tomarnos amodo a nosa primeira xornada na costa. Estamos en Kotor e aquí imos pasar as próximas catro noites. Kotor é unha cidade pequena e agraciada, un destino turístico de sol e praia cun desenvolvemento axeitado para gozar de moitos dos beneficios do turismo pero sen ter que sufrir os niveis insoportables de conxestión como os da veciña poboación de Budva ou os totalmente insufribles de Dubrovnik. Pequena, accesible, peonil e acolledora, Kotor é, sen ningunha dúbida, un dos recunchos máis fermosos do Mediterráneo. Pero aínda máis impresionante que a propia vila é a súa baía, Boka Kotorska ou Baía de Kotor, definida en moitas guías como o fiorde máis meridional de Europa. A palabra impresionante non é neste caso un recurso literario senón que significa exactamente a sensación que experimenta un viaxeiro ante a beleza das montañas e do mar que arrodea Kotor. De feito, os valores naturais e culturais da bisbarra de Kotor téñenlle valido a declaración de Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.

Perast dende o mar

Perast dende o mar

Seguir lendo

Sete días en Montenegro I – As montañas do norte

TREN BELGRADO-PODGORICA

A cita é ás nove e dez da mañá na estación de ferrocarril de Belgrado para coller o tren que nos levará ata Podgorica, a capital de Montenegro.

Vimos cargados de boas vibracións despois da nosa estadía en Serbia e o día presaxia tan só cousas boas. Dende cativo sinto auténtica paixón polas viaxes en tren e hoxe toca facer un dos itinerarios máis escénicos de Europa, aínda que non apareza como tal nas listaxes habituais que circulan pola rede.

No camiño que nos trae dende o hotel atopamos moreas de refuxiados acampados nun pequeno parque moi próximo ao edificio da estación. Polo aspecto supoñemos que son fuxitivos da guerra de Siria e algúns outros procedentes de Asia Central.

fullsizerender-23

No tren a Podgorica, entrando en Montenegro

Rafting no canón do río Tara

Rafting no canón do río Tara

Seguir lendo

Palermo e Corleone – España en Italia

FullSizeRender (90)Pasaron uns poucos anos e aterro de novo no aeroporto de Palermo. A terminal aérea peca de certo desfase en comparación con moitas outras infraestruturas do resto de Europa. De feito, a estación de tren que comunica o edificio con Palermo está pechada por reformas.

O aeroporto coñecido como Falcone Borsellino, en homenaxe a dous dos xuíces asasinados pola mafia nos anos noventa, está nun bonito recuncho da costa ao oeste de Palermo, pero os 30 km que o separan do centro da cidade fan que a tarifa de taxi sexa bastante cara. Para acelerar a miña ambientación ao sur de Italia o taxista tenta cobrar uns cantos euros de máis.

Desfile por sorpresa en Palermo

Desfile por sorpresa en Palermo

Catedral de Palermo

Catedral de Palermo

Seguir lendo