Ilha de Santo Antão – Obra de deuses

É o noso terceiro día en Cabo Verde e mudamos de illa. A boa visibilidade dende São Vicente durante os días previos permitiunos ver a contorna extremadamente elevada da Illa de Santo Antão. As dúas illas non están afastadas unha da outra pero atravesar o perigoso mar que as separa é outro cantar.

Na vila de Paul

Coido que é un bo momento para facer un pequeno repaso da curiosa xeografía deste país totalmente insular. As dez illas pódense dividir en diferentes grupos dependendo de criterios meteorolóxicos ou orográficos. Se temos en conta o habitual e forte vento que se move polo arquipélago podemos clasificalas entre illas de Barlovento (São Vicente-Santo Antão-Santa Luzia-São Nicolau-Sal-Boavista), é dicir aquelas dende onde sopra o vento, e as de Sotavento (Maio-Santiago-Fogo-Brava), ou illas cara a onde sopra ese vento. É a división máis usual, pero a poboación local tamén fala das illas das praias (Boavista-Maio-Sal), das illas das montañas (Brava-Fogo-Santiago-São Nicolau-Santo Antão) e dunha illa con características especiais e mestura dos outros dous grupos (São Vicente). Ás veces esquecen a Santa Luzia por ser a única delas non habitada.

Seguir lendo

Polo Caribe Colombiano, dende Santa Marta a Cartaxena de Indias

Voamos entre Medellín e Santa Marta coa compañía aérea, colombiana e de baixo custo, “Viva Colombia”. O nome, certamente folclórico, pode crear unha expectativa negativa sobre a compañía que, con todo, ofrece un servizo moi razoable e sen tanta tensión á hora de facturar como pode provocar Ryanair en Europa.

O pequeno aeroporto de Santa Marta está nun bonito recuncho á beira do mar pero resulta algo confuso polas obras que se están a executar para a súa ampliación. Saímos directamente ao exterior, sen pasarela, e recibimos unha labazada de calor esaxerada e agravada por unha humidade moi pegadiza.

Parque Nacional Tayrona

Playa Cristal no Parque Nacional Tayrona

Barrio de Getsemaní en Cartaxena de Indias

Barrio de Getsemaní en Cartaxena de Indias

Seguir lendo

Sete días en Montenegro II – A costa do Adriático

HERCEG NOVI E PERAST

Despois da terrorífica e esgotadora viaxe do día anterior, decidimos tomarnos amodo a nosa primeira xornada na costa. Estamos en Kotor e aquí imos pasar as próximas catro noites. Kotor é unha cidade pequena e agraciada, un destino turístico de sol e praia cun desenvolvemento axeitado para gozar de moitos dos beneficios do turismo pero sen ter que sufrir os niveis insoportables de conxestión como os da veciña poboación de Budva ou os totalmente insufribles de Dubrovnik. Pequena, accesible, peonil e acolledora, Kotor é, sen ningunha dúbida, un dos recunchos máis fermosos do Mediterráneo. Pero aínda máis impresionante que a propia vila é a súa baía, Boka Kotorska ou Baía de Kotor, definida en moitas guías como o fiorde máis meridional de Europa. A palabra impresionante non é neste caso un recurso literario senón que significa exactamente a sensación que experimenta un viaxeiro ante a beleza das montañas e do mar que arrodea Kotor. De feito, os valores naturais e culturais da bisbarra de Kotor téñenlle valido a declaración de Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.

Perast dende o mar

Perast dende o mar

Seguir lendo

Sete días en Montenegro I – As montañas do norte

TREN BELGRADO-PODGORICA

A cita é ás nove e dez da mañá na estación de ferrocarril de Belgrado para coller o tren que nos levará ata Podgorica, a capital de Montenegro.

Vimos cargados de boas vibracións despois da nosa estadía en Serbia e o día presaxia tan só cousas boas. Dende cativo sinto auténtica paixón polas viaxes en tren e hoxe toca facer un dos itinerarios máis escénicos de Europa, aínda que non apareza como tal nas listaxes habituais que circulan pola rede.

No camiño que nos trae dende o hotel atopamos moreas de refuxiados acampados nun pequeno parque moi próximo ao edificio da estación. Polo aspecto supoñemos que son fuxitivos da guerra de Siria e algúns outros procedentes de Asia Central.

fullsizerender-23

No tren a Podgorica, entrando en Montenegro

Rafting no canón do río Tara

Rafting no canón do río Tara

Seguir lendo

Cataratas de Iguazú, unha das sete novas marabillas do mundo

FullSizeRender (45)

Comezo un itinerario de 21 días pola América Austral  que me vai levar por sete cidades (Asunción, Ciudad del Este, Concepción, Neuquén, Rosario, Santiago de Chile e Valparaíso) de tres países (Arxentina, Chile e Paraguai), por un espazo natural verdadeiramente senlleiro (Cataratas de Iguazú) e por  unha illa asombrosa en medio da Patagonia Chilena (Chiloé). Unha  viaxe cun deseño un tanto irracional  que está definido por necesidades de traballo con engadidos lúdicos ao comezo e ao final da mesma.

Chego a Bos Aires tras 18 horas de viaxe entre voos e terminais. Aquí teño que realizar un cambio de aeroporto xa que os voos de Iberia, como todos os intercontinentais, chegan ao aeroporto de Ezeiza e o meu voo doméstico a Puerto Iguazú ten saída dende o céntrico aeroporto de Aeroparque. Un mínimo de 45 minutos e bastantes euros para o traslado entre aeroportos no caso de facelo en taxi. Moitos menos euros pero moito máis tempo no caso de facelo  en autobús coa empresa Tienda León.

Seguir lendo

De Paracas a Nasca polo deserto peruano

Saímos no primeiro voo da mañá Cajamarca-Lima da compañía LC Perú. O voo é puntual e aterramos no aeroporto limeño en menos dunha hora. Despois de recoller as maletas tomamos un taxi (previo regateo) para que nos achegue á estación de autobuses da empresa Flores que comunica Lima e Pisco cada 20 minutos. Tamén hai outras compañías que fan este mesmo percorrido con abundantes frecuencias ao longo do día.

Reserva Nacional de Paracas

Reserva Nacional de Paracas

Atravesar Lima en hora punta da mañá cun taxista inexperto fainos demorar máis dunha hora no traxecto. Chegamos ao mostrador de Flores cinco minutos antes da saída do seguinte bus e abordámolo con dirección a Pisco. Pisco, unha pequena e pouco interesante cidade destruída durante o terremoto do ano 2007, non é o noso destino final. Dende alí deberemos tomar un colectivo ou un taxi que nos achegue á vila de El Chaco (mal chamada Paracas pero máis coñecida por este nome) que será o noso punto de partida para visitar a Reserva Nacional de Paracas e as veciñas Islas Ballestas.

Oasis de Huacachina

Oasis de Huacachina

Seguir lendo

Mendoza – Aos pés dos Andes

FullSizeRenderDe novo viaxo por mor do meu traballo e con moi pouco tempo libre para coñecer a cidade de destino. Aterro no aeroporto de Mendoza despois de 15 horas de avións máis as súas respectivas esperas nos aeroportos de Santiago de Compostela, Madrid e Santiago de Chile. No meu voo de chegada de España e durante o voo de Santiago de Chile a Mendoza sobrevoo a cordilleira dos Andes cun par de horas de diferenza. En ambos casos o tempo despexado regálame fermosas vistas sobre o pico do Aconcagua, o máis alto de América cos seus 6.959 m sobre o nivel do mar, e sobre moitos outros cumios desta impresionante barreira natural entre Chile e Arxentina.

Mendoza dende o últmimo piso do hotel

Mendoza dende o últmimo piso do hotel Tower Suites.

Seguir lendo

Baía de Halong – O Dragón Descendente que marabilla á Natureza

Toda viaxe ten o seu cénit. E Halong é sen dúbida “o momento” en Vietnam. Sorprendeunos que dende Hanoi houbera viaxes no día para visitar esta incrible baía con máis de 2000 illas. Entre as tres horas de ida e as tres de volta para percorrer os 170 km que separan Hanoi da baía de Hanoi apenas queda tempo para dar unha voltiña. Tamén nos sorprendeu que no mellor dos casos a maioría de viaxeiros se conforme cunha excursión de dous días/unha noite na que se dedican menos de 24 horas (e soamente seis horas de navegación) a, para min, baía máis bonita do mundo. Como sempre, haberá quen diga que hai un exceso de explotación turística ou demasiado lixo flotando na auga. Verdade. Non son eu quen de discutilo. Pero, que importa? Esa especie de disparate creativo realizado pola natureza non pode ser cuestionado con argumentos tan superficiais. Non é Venecia unha auténtica beleza a pesar de todos os seus inconvenientes? Por suposto. Halong coma Venecia é deses lugares no mundo que debemos visitar unha vez na nosa vida.

Halong XVI Seguir lendo