Bocas del Toro: o Panamá que quere ser turístico

IMG_8608 IMG_8596Voo madrugador (aquí todo é moi madrugador) de Air Panamá dende o aeroporto de Albrook (un dos tres de Cidade de Panamá) con destino ó novo resort chic do Caribe continental, xa preto da fronteira con Costa Rica: Bocas del Toro.

O sono pesa moito, demais; se engadimos o jet lag, froito das sete horas de diferenza coa hora española, ós costumes horarios locais, fai que teñamos (e teremos ó longo da viaxe) moito sono, sempre.

Seguir lendo

Comarca de Guna Yala

IMG_8550

Cedo, moi cedo pola mañá, collemos a estrada Panamericana cara ó norte. En Los Llanos metémonos por unha curiosa estrada de montaña que nos fai lembrar unha montaña rusa.

Xa estamos na comarca de Guna Yala, coñecida ata o ano 2010 como Kuna Yala e anteriormente como San Blas. Un territorio ocupado polo pobo indíxena Guna, que goza da maior autonomía de tódolos pobos indíxenas do continente americano. Habitan nunha estreita franxa de territorio costeiro ata a fronteira con Colombia, ademais de 36 illas no Mar Caribe entre as 365, unha por cada día do ano, que son da súa propiedade.

Chegamos ó austero porto de Cartí, pasada a antiga pista de aterraxe que durante moito tempo foi a única vía de acceso a este territorio. De aquí parten as barcazas rápidas que nos achegarán ás microillas que se estenden polo Golfo de San Blas.

Seguir lendo

A Cidade que soñou Manhattan

Hai que recoñecelo: o skyline é atractivo, dá un perfecto fondo de foto, ademais de ser moi pouco usual nas cidades centroamericanas.

IMG_8404 Que pasa en Casco ViejoCidade de Panamá? Por que este denso bosque de rañaceos nunha capital como moito de segunda orde a nivel mundial? Por que os multimillonarios ingresos do Canal van dirixidos a este forzado exhibicionismo nunha cidade pouco poboada e rodeada de moito espazo para medrar?

Hai que camiñar polas súas rúas e constatar que, coma en moitos outros destinos, é unha postal turística que admite mal o zoom fotográfico. A clase dirixente ten preferido asemellarse ós estereotipos urbanos norteamericanos (mais ben de provincias) en vez de poñer en valor o seu forte carácter latino. É apostar ó cabalo gañador pero…

Seguir lendo