Paraguai – O país no que nunca estiven

Paraguai é un deses países que non transmite unha imaxe ben definida da súa personalidade. Non hai ruínas prehispánicas, nin cidades coloniais de sona, nin elementos culturais senlleiros, nin tan sequera unha natureza asombrosa tan habitual nos países que o arrodean. Entón… que é o que define Paraguai como destino turístico? Será precisamente descubrir a esencia deste país o que me leve a viaxar por terra dende Puerto Iguazú na Arxentina ata a  capital de Paraguai, a cidade de Asunción.

FullSizeRender (57)

Collo un autobús local que por trinta pesos arxentinos (2 €) atravesa as fronteiras brasileira e paraguaia a través de dúas pontes internacionais. O autobús pasa por territorio brasileiro sen parada na aduana para realizar o control fronteirizo nin posibilidade de recoller ou deixar pasaxeiros. As xestións de saída da Arxentina son rápidas e as do Paraguai son… inexistentes. O autobús entra directamente en Ciudad del Este, ao outro lado da ponte internacional con Brasil, e ninguén me pide a miña identificación. Co pasaporte sen selar nin constancia da miña entrada no país serei un viaxeiro ilegal durante a miña estadía no Paraguai.

Seguir lendo