Hai xa uns anos estiven en Gdańsk e nesta nova visita corroboro que a miña primeira impresión era válida: Gdańsk é a cidade con máis encanto de Polonia. Polo menos para min. Ten unha personalidade mellor definida que a sobrevalorada Cracovia e máis atractiva cá de Wroclaw ou Poznan.
POLONIA
Polonia meridional – As cidades polacas volven a refulxir II
É importante comezar coa seguinte aclaración: “a proposta de viaxe que relato a continuación non é unha ruta turística frecuente”.
Máis ben é a consecuencia dunhas xornadas de traballo e duns días libres polo medio durante os que visitei lugares de interese que non supuxesen un desvío importante do meu itinerario laboral. Un viaxeiro que visite Polonia por primeira vez poderá seleccionar algún destes lugares para combinalos con outros destinos dentro do país.
Desta vez toca traballo en Opole e Lublin con algún día libre entre ambas as dúas cidades. Nos once días que vou pasar en Polonia visitarei seis cidades, un santuario católico de moita devoción e a área natural mellor coidada do país.
Zakopane e as montañas polacas
Estou de percorrido por Polonia, dende Opole a Lublin pasando por varias cidades como Katowice, Zamość e o Santuario católico de Częstochowa (ver máis información no link cidades polacas). No medio de tanto destino urbano decido facer unha escapada ao Parque Nacional Tatra, unha das principais áreas naturais de Polonia e Eslovaquia. O meu destino é a pequena cidade de Zakopane, sede da parte polaca do Parque Nacional e base perfecta para facer escapadas aos Montes Tatras e a outros atractivos da rexión.
Wroclaw e Poznan – As cidades polacas volven a refulxir
Xa tiña ganas de facer unha viaxe que me deixara totalmente compracido. E o momento chegou con Polonia. Dende a miña primeira visita no ano 2003 sinto unha simpatía especial por este país, simpatía que foi medrando ao longo dos anos para converter Polonia nun dos meus destinos preferidos en Europa.
Pero teño que ser obxectivo e ir por partes. Polonia non é o destino ideal para os que procuran unha natureza espectacular. Non. Máis aló da relativamente pequena área ocupada polos montes Tatras, arredor da cidade de Zakopane e preto da fronteira con Eslovaquia, o resto do país é unha inmensa chaira verde sen atractivos senlleiros. Nin sequera as aldeas e o mundo rural que se debuxa dende as estradas resulta especialmente apetecible. Por outra banda, a gastronomía polaca tampouco é para botar foguetes.