Por que Ruanda?

Sen lugar a dúbidas, non é un primeiro destino en África Negra.

Hoxe en día Ruanda é un país encantador, de xente amable, e viaxe agradable e tranquila. A súa fermosa paisaxe de outeiros e montañas e as curtas distancias fan de Ruanda un destino perfecto para viaxeiros que busquen unha escapada breve e rompedora. Sen esquecer a súa artesanía máis que aceptable.

Pero dito isto, Ruanda ten falta dun patrimonio de certo nivel, perde en colorido etnográfico con outros países da zona, e os seus parque nacionais están moi por debaixo da vistosidade dos parques de Quenia e Tanzania.

ruanda 1

Seguir lendo

Haye ou Butare, a capital culta de Ruanda

Ás tres horas de barco hai que engadir catro horas máis en bus, con cambio en Muhanga (Gitarama) para chegar a Haye (Butare).

Cando se viaxa por Ruanda hai que ter en conta que hai moitos nomes de poboación que teñen mudado nestes últimos anos e conviven simultaneamente cos antigos. Poño dentro do paréntese os nomes tradicionais.

Haye é moi pequena en comparación con Kigali pero mantén un status de cidade culta e de referencia na historia ruandesa. Haye é a sede da Universidade Nacional e do Museo Nacional de Ruanda. Durante a época colonial belga foi bautizada como Astrida en honra da muller do rei Leopoldo III, e funcionou como centro administrativo da metade norte do territorio Ruanda-Urundi.

Museo Nacional

Museo Nacional

Seguir lendo

No Lago Kivu

Saio de Kigali e teño tres horas de bus por diante ata chegar a Gisenyi, no Lago Kivu.

IMG_1166[1]xente 4
A paisaxe constata que o alcume turístico de Ruanda como o País dos Mil Outeiros foi perfectamente escollido. Moreas de outeiros e tamén de altas montañas. Este país elévase dende case os 1000 m sobre o nivel do mar ata os 4.507 m do volcán Karisimbi no seu punto máis alto.

Hai algo de “civilizado” en Ruanda que aínda fai máis inexplicable entender a súa historia recente. Os autobuses venden unicamente as prazas dispoñibles e saen ás horas establecidas, prezos fixos e publicados, venda de billetes…As estradas do país están ben pavimentadas en xeral. A limpeza de Kigali é extensible ó resto do territorio. As vilas e aldeas, na súa pobreza, ofrecen un aspecto curioso e saneado. A maioría de casas e edificios están correctamente pintadas co patrocinio de casas comerciais que deixan as súas marcas e logotipos sobre as fachadas. Vese unha sensibilidade por manter plantas e xardíns coidados con agarimo. Non o entendo!

Seguir lendo

O País dos Mil Outeiros

Os meus amigos preguntábanme a razón pola que decidín viaxar a este pequeno país agochado no centro de África e con tan mala sona… Non hai unha, son varias. Primeiro, hai xa tempo que non pisaba este continente; segundo, Ruanda é un país pequeno cunha superficie algo inferior a Galicia (polo tanto ideal para os poucos días que teño dispoñibles); e finalmente, pero sobre todo, querer entender unha das maiores masacres da historia da humanidade, o xenocidio ruandés.

Ruanda 3
Hoxe en día, a primeira motivación para achegarse a Ruanda son os gorilas que viven en liberdade no Parque Nacional dos Volcáns formado polos montes Virunga que comparte coa República Democrática do Congo (antigo Zaire), e que tamén habitan o fronteirizo P.N. Bwindi en Uganda. Dende logo non é o que me move a min. Coido que os gorilas están mellor sen as continuas visitas de turistas ávidos de fotografías. E, dende logo, os case 750 US dólares que cobra o Goberno polo permiso de visita parécenme unha turistada elitista que intento non fomentar.

Seguir lendo