No camiño a Katse Dam,mozos arroupados coas típicas mantas de Lesoto
Na cova de Motouleng, preto de Clarens (Suráfrica)
Lesoto é a primeira paraxe dunhas vacacións de verán que nos van levar por tres países do sur do continente africano.
Cando comentabamos cos amigos e coñecidos os destinos escollidos para este ano, todos sabían situar Namibia e Suráfrica no mapa. As dúbidas chegaban no intre de nomear Lesoto. Unha illa? (ehhh?) Unha rexión de Suráfrica? E moitos quedaban sorprendidos cando explicabamos que estabamos a falar dun país soberano, dun reino que soubo manter bastante ben a súa independencia malia funcionar coma un protectorado británico durante case un século (1868-1966).
Facemos unha entrada infernal en Bogotá. Os vinte e cinco quilómetros que marcan os sinais dende a Catedral de Sal convértense en cincuenta medidos polo contador do coche. Tardamos dúas horas e media en chegar ao noso hotel das que unha gran parte corresponden a un tremendo atasco de entrada na capital. Pecamos de inconscientes ao chegar de noite a unha gran megalópole na que non é doado conducir e da que descoñecemos case todo. Ademais, hoxe e venres e o próximo domingo será o plebiscito sobre a firma da PAZ entre o Goberno Colombiano e o grupo terrorista das FARC. Ao igual que ocorreu en Cartaxena de Indias, este sábado haberá lei seca dende as seis da tarde e os locais nocturnos permanecerán pechados na súa inmensa maioría. Sabiamos todo isto pero non reflexionamos sobre que este venres e a estas horas todo Bogotá e os coches dos seus oito millóns de habitantes estarían ocupando as vías da cidade. Un auténtico pesadelo!
Saímos a media tarde de Cartaxena de Indias, de novo coa compañía Viva Colombia, cara ao aeroporto da capital do departamento de Santander: Bucaramanga, ou Buca como a chama a poboación local. Buca é unha cidade importante que supera os 500.000 habitantes e ofrece un aspecto saneado, limpo e bastante ordenado. Pero a pesar de que a súa fundación se remonta ao ano 1622, a súa arquitectura colonial e o seu legado patrimonial perdéronse hai xa moito tempo. A cidade ten un aspecto novo e non ofrece maior interese que ser un lugar de paso para visita-la aldea veciña de San Juan de Girón ou para alugar un coche, como é o noso caso, e comezar un itinerario que nos levará ata Bogotá atravesando algunha das vilas coloniais máis fermosas do país.
Despois de dous días en Trujillo e arredores facemos maletas e seguimos o noso camiño en dirección á serra dos Andes no norte de Perú. Unha viaxe en autobús de máis de sete horas durante a que desfaremos a metade do camiño entre Trujillo e Chiclayo para na cidade de Pacasmayo desviarnos cara ao interior.
Cajamarca dende o Cerro Santa Apolonia
Os primeiros quilómetros pola costa fanse rápido e son tranquilos e agradables. Pasado Pacasmayo e unha vez que enfilamos cara aos primeiros vales a paisaxe comeza a mostrar pinceladas de cor verde e ofrece magníficos panoramas. O reto comeza a partir da poboación de Tembladera e, sobre todo, de Chilete. A circulación faise moito máis lenta e a estrada convértese nunha sucesión de curvas pechadas cara arriba. A paisaxe a vista de paxaro é arrepiante e vese acentuada polos grandes desniveis que asoman pola dereita e, a ratos, por unha néboa pechada que fan da condución un feito case temerario. O noso bus ten que abrir en cada curva o seu arco de xiro ocupando gran parte da calzada contraria. Son varios as freadas de urxencia que angustian á miña irmá, malia que ninguén pode escapar dunha sensación continua de perigo inminente.
De novo viaxo por mor do meu traballo e con moi pouco tempo libre para coñecer a cidade de destino. Aterro no aeroporto de Mendoza despois de 15 horas de avións máis as súas respectivas esperas nos aeroportos de Santiago de Compostela, Madrid e Santiago de Chile. No meu voo de chegada de España e durante o voo de Santiago de Chile a Mendoza sobrevoo a cordilleira dos Andes cun par de horas de diferenza. En ambos casos o tempo despexado regálame fermosas vistas sobre o pico do Aconcagua, o máis alto de América cos seus 6.959 m sobre o nivel do mar, e sobre moitos outros cumios desta impresionante barreira natural entre Chile e Arxentina.
Mendoza dende o últmimo piso do hotel Tower Suites.
Dedicamos dous días a Antigua. Mostras da arquitectura colonial española, coma as que adornan esta cidade, fanme reconciliar co período colonial. É un dicir… nada me reconcilia coa explotación, racismo e escravitude, pero é verdade que coa desculpa de impoñer a cultura e, sobre todo, a relixión, ademais de auténticas atrocidades, tamén houbo grandes obras de enxeñería, importantes legados patrimoniais e incluso manifestacións artísticas de fusión moi interesantes. Partindo do negativo do colonialismo, parece que portugueses e españois foron capaces de compensar minimamente o seu latrocinio.
Chapín é o alcume dos guatemaltecos, nome con orixe nun tipo de zapato utilizado polos españois e semellante ó utilizado pola poboación indíxena do que hoxe é Guatemala. Pero volvamos á viaxe!
Estamos maiores, non me canso de dicilo! As miñas ansias de coñecer non teñen diminuído co tempo e a miña curiosidade vai a máis se cabe… pero o feito de sufrir percorridos en bus por enriba das seis horas de viaxe dáme preguiza. Por esa razón, reservamos o voo de mañá cedo entre Flores e a capital, Cidade de Guatemala.