Coñecendo Galicia – Entroido de Ourense II

Outro ano escollemos a principal fin de semana do Entroido para pasala en Ourense capital. Xa sabemos que nesas datas toda a provincia ourensá e parte de Galicia están a bulir coas actividades propias do carnaval, pero a espontaneidade da que, tanto en traxes como en actitude, fai gala esta cidade é marabillosa. E ben, o feito de que sexa a miña cidade natal tamén axuda unha chisca.

A festa comeza realmente o Xoves de Compadres, que este ano caeu a un de febreiro, e remata o mércores día catorce co Enterro da Sardiña. Nós chegamos para gozar da noite do venres que é coma unha preparación do que vai chegar un día despois. Unha noite relativamente tranquila sen apertos nin saturación nos locais.

Seguir lendo

Coñecendo Galicia – Entroido de Vilariño de Conso

Hai que madrugar (sobre todo vindo de troulear a noite anterior en Ourense), tendo en conta que na zona próxima a Vilariño de Conso non hai moita oferta de aloxamento e a pouca que hai énchese rapidamente nestas datas.

O concello de Vilariño de Conso estendese polas abas do Macizo Central no extremo oriental da provincia de Ourense. Para chegar hai dúas posibilidades: dende A Gudiña pola escénica estrada comarcal que vai polo Encoro das Portas; e dende A Gudiña, A Pobra de Trives ou A Rúa pasando por Viana do Bolo e seguir 8 km por estradas comarcais ata a capital do concello de Vilariño de Conso. Contade cunha hora e media de viaxe dende a cidade de Ourense.

IMG_0180-rIMG_0196-r

Seguir lendo