De xoldra por España – Semana Santa na provincia de Málaga

Caminito del Rey

Caminito del Rey

Este ano ando especialmente despistado. Non é ata mediados do mes de marzo, de volta dun concerto do grupo Ojete Calor en Valencia, que me decato de que as vacacións de Semana Santa chegarán en moi pouco tempo e de que aínda non teño ningunha viaxe programada.

Consulto os voos dende Santiago de Compostela e dende os outros aeroportos galegos para esas datas e atopo que a oferta é escasa e cara. En Galicia aínda temos poucos voos de reforzo en Semana Santa e hai que reservalos con moito tempo no caso de querer pagar un prezo axeitado.

Consulto tamén as ofertas do veciño aeroporto portugués do Porto e atopo prezos moi interesantes para voar a Málaga coa compañía EasyJet. É aí cando tomo a decisión de pasa-las vacacións nesa cidade, a segunda poboación andaluza polo número de habitantes e un dos principais destinos urbanos do sur de España.

Seguir lendo

Macedonia do Norte e Kosovo – Destinos emerxentes nos Balcáns

A cidade de Prizren en Kosovo

Centro de Escópia (Skopje) en Macedonia

Para principiar quizais debería explicar o significado da palabra “Balcáns”, un termo que serve para designar varias realidades.

Por unha parte, é o nome dunha cordilleira que se estende ao longo de 560 quilómetros en paralelo ao río Danubio. De feito, este río separa a cordilleira dos Cárpatos, ao norte, da súa prolongación natural ao sur que son os Balcáns. En xeral, os seus cumios non superan  os 1.000 metros de altura e o seu punto máximo é o monte Rila (Bulgaria) con 2.925 metros sobre o nivel do mar.

Seguir lendo

En coche polo Reino no Ceo (Lesoto)

No camiño a Katse Dam,mozos arroupados coas típicas mantas de Lesoto

Na cova de Motouleng, preto de Clarens (Suráfrica)

Lesoto é a primeira paraxe dunhas vacacións de verán que nos van levar por tres países do sur do continente africano.

Cando comentabamos cos amigos e coñecidos os destinos escollidos para este ano, todos sabían situar Namibia e Suráfrica no mapa. As dúbidas chegaban no intre de nomear Lesoto. Unha illa? (ehhh?) Unha rexión de Suráfrica? E moitos quedaban sorprendidos cando explicabamos que estabamos a falar dun país soberano, dun reino que soubo manter bastante ben a súa independencia malia funcionar coma un protectorado británico durante case un século (1868-1966).

Seguir lendo

Brasil Nordestino-Olinda, Recife e Fortaleza

Olinda

Camiño da Praia de Canoa Quebrada

Como noutras ocasións, teño que comezar este post facendo unha aclaración sobre as diferentes viaxes que realizo ao longo do ano. Algunhas son de lecer e, polo tanto, son itinerarios moi pensados para poder ver todos aqueles lugares de cada país que son do meu interese. Outras son viaxes por razóns profesionais nas que aproveito o tempo libre para coñecer os lugares visitados. A esas viaxes tamén podo engadir días suplementarios e pola miña conta, ben para ter tempo dabondo na cidade visitada ou ben para poder achegarme a algún destino próximo.

Seguir lendo

A Palma, unha canaria realmente bonita

O título deste post ten moito de verdade. Vén a conto de que o slogan turístico desta illa é dende hai moitos anos “A Illa Bonita”. E así como hai moitos adxectivos turísticos que non se axustan á realidade, neste caso podo dicir que a realidade da Palma dá máis do que promete.

Son moitos os prexuízos á hora de valorar as sete illas canarias como destino das nosas vacacións. Son ben consideradas cando se anda á procura dun lugar aceptablemente cálido e non lonxe da casa de cada un, un destino cun prezo máis ou menos razoable que nos permita gozar duns días de sol e praia aos que engadir algunha excursión interesante.

Aldea de San Andrés

Seguir lendo