Isla de Chiloé ou como sentir Galicia en Nueva Galicia

Hai dous anos e medio, durante unha travesía en barco dende Puerto Natales ata Puerto Montt, pasei a carón da illa de Chiloé, na Patagonia chilena, e escoitei “esa chamada” que transmiten algúns destinos especiais. Naquel momento, ollando as súas costas, sentín que había algún tipo de conexión entre aquela terra e a miña persoa. Esta primeira impresión viríase confirmar cando os meus compañeiros de navegación me recomendaron  con moita insistencia que volvese con máis tempo e non deixase de visitar ese bonito recuncho de Chile.

Xa na casa e lendo sobre Chiloé descubrín que o seu primeiro nome, aínda que nunca oficial, foi Nueva Galicia. As razóns para escoller este nome parecen de peso xa que, por unha parte, os primeiros exploradores deste territorio consideraron que a paisaxe era moi parecida á galega e, por outra, o Gobernador de Chile nese momento, Rodrigo de Quiroga, era de orixe galaica.

Puente del Alma

Puente del Alma

Distrito Palafítico de Pedro Montt en Castro

Distrito Palafítico de Pedro Montt en Castro

Seguir lendo

Valparaíso e Concepción – Chile asomado ao Pacífico

A primeira xornada de chegada a Chile foi esgotadora por mor do gran atraso no meu voo procedente de Bos Aires. Aterro en Santiago de Chile e vou directamente á cama.

Zona administrativa en Concepción

Zona administrativa en Concepción

VALPARAÍSO

Á mañá seguinte quedo no hall do hotel co meu amigo José Manuel, outro cidadán do mundo que se ofreceu para facer ao mesmo tempo de condutor e guía e levarme de visita á costa pacífica, ás cidades de Valparaíso e Viña del Mar. José Manuel é un madrileño de alma galega que vive dende hai catro anos en SDC e non deixa de aproveitar calquera ocasión para manter o seu nexo con Galicia. Saímos ás nove da mañá para percorrer en hora e media de viaxe por autoestrada os 120 quilómetros que separan SDC do Pacífico.

Funicular en Valparaíso

Funicular en Valparaíso

Seguir lendo

De Paracas a Nasca polo deserto peruano

Saímos no primeiro voo da mañá Cajamarca-Lima da compañía LC Perú. O voo é puntual e aterramos no aeroporto limeño en menos dunha hora. Despois de recoller as maletas tomamos un taxi (previo regateo) para que nos achegue á estación de autobuses da empresa Flores que comunica Lima e Pisco cada 20 minutos. Tamén hai outras compañías que fan este mesmo percorrido con abundantes frecuencias ao longo do día.

Reserva Nacional de Paracas

Reserva Nacional de Paracas

Atravesar Lima en hora punta da mañá cun taxista inexperto fainos demorar máis dunha hora no traxecto. Chegamos ao mostrador de Flores cinco minutos antes da saída do seguinte bus e abordámolo con dirección a Pisco. Pisco, unha pequena e pouco interesante cidade destruída durante o terremoto do ano 2007, non é o noso destino final. Dende alí deberemos tomar un colectivo ou un taxi que nos achegue á vila de El Chaco (mal chamada Paracas pero máis coñecida por este nome) que será o noso punto de partida para visitar a Reserva Nacional de Paracas e as veciñas Islas Ballestas.

Oasis de Huacachina

Oasis de Huacachina

Seguir lendo

Trujillo – A cidade da eterna primavera

A Cidade da Eterna Primavera, é así como reza o slogan turístico da terceira cidade por poboación do Perú. O slogan non está mal escollido, Trujillo ten un clima árido que provoca que as temperaturas medias mínimas e máximas vaian dos 16 aos 23 graos durante todo o ano. E como poderemos comprobar pola paisaxe que rodea a cidade, a choiva non fai practicamente acto de presenza ao longo dos doce meses.

Plaza de Armas.

Plaza de Armas

Trujillo foi fundada polo español Diego de Almagro no século XVI en lembranza da cidade natal de Francisco Pizarro na Estremadura española. Almagro e Pizarro foron os grandes exploradores do actual Perú, amigos e compañeiros de fatigas que se converteron co tempo en inimigos irreconciliables. Almagro morreu primeiro axustizado polo irmá de Pizarro e Pizarro foi asasinado posteriormente polos partidarios de Almagro liderados polo fillo deste. A conquista foi deixando moita xente polo camiño, non só indíxenas nativos senón tamén aqueles que presuntamente estaban do mesmo lado.

Seguir lendo

Chiclayo, o norte do Perú

Chego a Lima con tan só un día e medio por diante para desenvolver a miña actividade profesional. Vou precisar de todo este tempo para darlle solución aos moitos problemas que me agardan agochados nesta cidade. Sen apenas un segundo para o lecer ou para descubrir novos recunchos da capital peruana.

Esta é a miña segunda viaxe a Perú e hai sete anos xa tiven a oportunidade de coñecer esta cidade de vagar, ademais de facer un percorrido pola zona máis turística do país (Arequipa-Lago Titicaca-Cusco-Machu Pichu) e unha escapada ao corazón da selva amazónica peruana (Iquitos).

Máscara no Museo Brüning.

Máscara no Museo Brüning.

Seguir lendo

Xapón a velocidade de Nozomi

Nozomi, o máis rápido dos trens que percorren as liñas Shinkansen en Xapón, o noso AVE. Nunca un título dos meus posts ten sido tan descritivo da situación. Esta foi unha viaxe de traballo sen tempo material para ampliar os meus coñecementos sobre este país que, menos mal, xa visitara noutras dúas ocasións. Viaxes extenuantes e intensivas onde non queda oco para as sorpresas ou os baleiros de programa. As miñas poucas horas sen compromisos estiveron dedicadas a recuperarme dun crecente jetlag que vai medrando a medida que cumpro anos.

Dotombori

Dotombori

Seguir lendo

Polos canais magallánicos

A cita é á noitiña do día 17 na estación de autobuses de Punta Arenas para trasladarnos e embarcar nun simple dique no centro de Puerto Natales. Breve xuntanza coa tripulación para seguir instrucións de salvamento e… a durmir. O barco levantará áncoras ás sete da mañá con marea alta. Pola noite van entrando os camións de mercadorías, que son realmente a xustificación desta liña marítima de escaso transporte de pasaxeiros. Por diante 1.600 km ata Puerto Montt, cunha única parada en Puerto Edén, unha viliña na metade dun fiorde habitado por tan só 300 descendentes de indíxenas kawésqar dedicados á explotación de cholgas, especie de mexillóns xigantes.

Vila de Puerto Edén vista dende o barco

Seguir lendo